MÉRCORES, 11 DE NOVEMBRO
Ola nenos e nenas! Mañá volvemos ao cole, que ben! Tedes ganas de ver aos vosos amigos/as? Eu de veros a vós teño moitas!
Hoxe é un día especial porque celebran o MAGOSTO no cole. E aínda que nós non o poidamos celebrar como nos gustaría, non vos preocupedes, porque aquí vos deixo uns xogos parecidos aos que van facer no cole para que os poidades gozar coa vosa familia. Pasadeo ben!
- Primeiro, un contiño sobre unha castaña que estoupou de risa:
- Atopa o camiño dende o castiñeiro ata o burato da castaña (dende o círculo vermello ata o azul).
- Carreira de castañas: Fai unha carreira de castañas no corredor da túa casa, empuxándoa cos dedos índice e pulgar (os que usamos cando collemos unha pinza ou facemos o símbolo que aparece abaixo). Podes poñer varios obstáculos para ir esquivándoos, por exemplo: un lápis, un xoguete, un zapato... Procura que as castañas non batan neles!
- Cullecastañas: Colle unha culler e colócaa na túa boca, aguantándoa co mango nos beizos. Despois, pon unha castaña na parte de diante. E, agora, a xogar ás carreiras con alguén! A ver quen chega antes á meta sen que se lle caia a castaña da culler. E coidado, que non se poden usar as mans, só a boca!
- Encesta a castaña: Xoga a encestar unha ou varias castañas nunha caixa ou nun cubo que teñas por casa. Se tes unha caixa, podes decorala e facerlle unha cara graciosa onde a boca sexa o sitio no que hai que encestar. Vai probando a facelo dende varias distancias: primeiro máis preto da caixa, despois un pouquiño máis lonxe, un pouco máis... Incluso, podes xogar con alguén da casa a ver quen encesta máis, e non esquezas contar os puntos!
Tamén podes xogar ao xogo de encestar ti só/a, facendo unha canasta cun rolo de papel hixiénico (que podes decorar con dibuxos do outono), un fio atado a el e unha castaña. Verás que divertido!
- Fai un zoncho (colar de castanas): Para isto, mamá e papá teñen que cocer primeiro as castañas. Despois, con coidado, deben axudarche a pasar unha agulla por un fío e despois por cada unha das castañas, ata formar o teu colar. Tamén, en vez dun zoncho, podes crear unha serpe coas castañas.
- Transporte de castañas: Ponte a catro patas e deixa que che coloquen unha castaña nas costas. Tes que levala dende un sitio a outro sen que se che caia (por exemplo, dende o teu cuarto ata o de mamá ou papá). Tamén podes probar a facelo doutra maneira: aguantándoa entre o peito e o queixo; aínda que isto xa é un pouquiño máis complicado, seguro que podes!
Como vedes, hai moitos xogos do Magosto que podemos facer na casa. Ademais, aquí lles deixo a mamá e papá unha páxina onde aparecen outros tantos, por se estes non vos parecen suficientes e queredes xogar moito máis!
Lembrade que mañá xa nos vemos! Así que ide pensando tooodas as cousas que me tedes que contar: que fixestes estes días, que foi o que máis vos gustou e o que menos, se aprendestes algo novo...
Un biquiño moi forte!
Fani.
MARTES, 10 DE NOVEMBRO
Ola pequenos/as!
Hoxe imos seguir un pouco máis co tema do outono. Para comezar, aquí vos deixo unha canción que todos/as coñecedes. A bailar e cantar!
Onte xa vimos que no outono os ourizos hibernan ata a primavera e case non saen á superficie. Pola contra, existe outro animal que sae moito nesta estación, cando comeza a chover. Ten 2 cornos e leva unha casiña cosigo, sabes de quen se trata?
... Si, é o CARACOL! Cantas letras ten?; Por cal empeza?; Que outras cousas se che ocorren que comecen pola letra "C"? (podes buscar pola casa, a ver que atopas!); Cantas palmadas dura?
Agora, propóñoche varias actividades sobre este pequeno animal:
- Pensa que é o que sabes dos caracois e investiga coa túa familia outras cousas que queiras saber: Que comen, como se moven, onde teñen os ollos, onde viven... Para isto, seguro que che é de gran axuda o seguinte vídeo:
- Mira este conto tan chulo de Caracol e Caracola. Espero que che guste!
- Fíxate na cuncha dos caracois, ten forma de espiral. Acórdaste que o ano pasado a profe Isa fíxovos un vídeo onde aprender a debuxar caracois facendo o número 6? Se non vos lembrades, tédelo na páxina principal do blog, xunto con máis actividades que están poñendo os profes Isa, Noe e Diego. Animádevos a velas! Podedes facer os vosos caracois como nestes exemplos:
Pintando con témpera nun folio e facendo a espiral co dedo.
Debuxando a espiral e pegándolle pegatinas enriba. |
- Fai unha espiral con plastilina (ou con pasta de sal, como vos dixen onte) e coloca un garavanzo no principio. Colle unha palliña e vai soplando pouco a pouco o garavanzo ata que se meta dentro, intentando que non toque nas paredes. Non uses as mans e coidado, que se sopras moi forte pode escapar!
- Fai o teu propio caracol enrolado. Para isto, recorta unha tira de papel, decóraa como máis che gusta e enrólaa ao redor dun boli ou rotulador.
- Debuxa unha espiral nun folio e recórtaa seguindo a liña. Co trozo de papel que che queda, se o pintas podes facer un colgadoiro de decoración.
- Conta cantos caracois hai en cada imaxe e ordenaos dende onde hai menos (empeza no 1) ata onde hai máis (remata no 6). Para isto, mami e papi, escribídelle unha recta numérica do 1 ao 6 ao lado, para que lle sexa máis doado.
- E, por último, serás capaz de sair deste labirinto? Comeza dende a barriga do caracol e remata saíndo da cuncha. Se non tedes impresora, podedes aumentar a pantalla a un tamaño máis grande e que o faga pasando o dedo por enriba da pantalla.
LUNS, 09 DE NOVEMBRO
Bos días nenos/as! Que tal pasastes a fin de semana? Espero que ben.
Antes de comezar coas actividades de hoxe, mirade no calendario que día é e contade cantos faltan para volver ao cole, veredes que xa queda moi pouquiño!
Hoxe propóñovos unhas actividades que teñen como protagonista un animal moi pequeniño que no outono escóndese nun burato ou debaixo das raíces dunha árbore para hibernar ata a primavera. A ver se o adiviñas:
Xa sabedes de quen se trata, non? Sííí, é o O U R I Z O. Mirade que cariña tan divertida! E fixádevos en como se escribe en maiúsculas e minúsculas. Cantas letras ten? Ten as letras protagonistas que traballamos na clase (U e I)? Cantas? E cantas palmadas dura toda a palabra?
Imos escoitar un conto que ten como protagonista a este animaliño. Chámase "El huevo del Erizo". Que raro, non? Porque os erizos non poñen ovos, senón que nacen da súa mamá. Imos ver de que vai, entón!
Agora, despois de escoitar o conto, déixovos algunhas preguntas e ideas de actividades para facer:- Responde a estas cuestións: Quen é o protagonista da historia?; Que é o que quere e que fai para conseguilo?; Ten algún problema para facelo? Cal?; Que é o que pasa ao final?
- Representa co teu corpo o conto, como se fose un teatro.
- Xoga co título: Que letras o forman?; Sabes como se chaman? E como soan? (para isto, mamá e papá, tedes que esaxerar moito para que se dean de conta); Tes algunha no teu nome ou no nome de alguén da túa familia?; Que palabra é a máis longa e a máis curta? (para isto teñen que contar cantas letras ten cada palabra e ordenalas de menos a máis, polo que sería xenial que lles axudárades facendo unha recta numérica do 1 ao 10); Inventa outro título para o conto.
- Debuxa o teu propio ourizo. Para isto, podes seguir os pasos que che poño a continuación. Seguro que che queda fantástico! E acórdate de facerlle as púas como na foto! (así seguimos traballando a grafomotricidade do outro día)
1) Mamá ou papá, facédelle a silueta dun ourizo nun folio e poñede un pouco de témpera nun prato (mellor se son das cores do outono: amarelo, laranxa, vermello, marrón...). Dádelle un garfo e deixade que vaia collendo pintura coa parte de atrás del e que o aplaste no debuxo, simulando as púas.
2) Fai un ourizo con plastilina e utiliza macarróns para facer as súas púas. Tamén podes empregar pipas, paus, spaguettis cortados, palillos... En caso de non ter plastilina, podedes elaborar a vosa caseira con fariña, sal, auga, aceite e colorantes; as instruccións para isto podédelas atopar nesta páxina: PLASTILINA CASEIRA.
- Utiliza esta manualidade para repasar os números. Para isto, mami e papi, podedes dicirlle aos nenos/as que poñan un número concreto de púas no seu ourizo e, tamén, practicar as súmas e restas. Por exemplo, dicíndolles: Pon 3 púas, agora pon 2 máis, cantas hai en total? ou Pon 5 púas, que pasa se quito 1? Cantas quedan?
En caso de que non fixérades a manualidade, podedes practicar igual todos estes aspectos cun debuxo dun ourizo e pinzas da roupa, que actúan como se fosen as púas. Así, tamen estamos potenciando a motricidade fina dos nenos/as.
- E, por último, eres capaz de encontrar neste debuxo as 10 diferenzas? Seguro que si, animo!
Moita forza e moitos biquiños.
Fani.
VENRES, 06 DE NOVEMBRO
Ola nenos/as!
Hoxe é o último día desta semana no "cole a distancia", xa vai quedando menos! Agora ven a fin de semana e, aínda que non poidamos saír, estou segura de que na casa encontraremos cousas moi divertidas para facer e para aprender!
Eu déixovos por aquí algunhas ideas. Como sempre, recordarvos ás familias que todas son voluntarias e orientativas:
- Comezamos por cantar e bailar un pouco con Uxía Lambona e a Banda Molona:
- E agora, unhas preguntiñas sobre o que acabamos de ver:
- Que lle pasa ás follas no outono?
- Eres capaz de recordar as partes do corpo que saen no vídeo? Sinálaas no teu propio corpo.
- De que cor di Uxía Lambona que son as follas de outono?
- Sabes que é o Magosto? Que é o que se come nesta festa?
- Que di o vídeo sobre o tempo que fai no outono?
- Continuamos contando coa axuda dos obxectos e animais do outono. Fíxate ben, porque en cada imaxe só 1 dos 3 números é o correcto. Cando os adiviñes, intenta ordenar as imaxes dende onde hai menos obxectos ata onde hai máis. Comezamos por onde hai 1 cabaza, seguimos por onde hai 2 paxaros... E rematamos todo onde hai 7 follas. Que números nos faltan polo medio? A ver se eres capaz de descubrilo! Para isto, deixoche tamén a orde dos números do 1 ao 9.
- Tamén aproveitamos para facer algunhas sumas. Mamá e papá, se non son capaces axudádelle con obxectos que poidan manipular (macarróns, garavanzos, pinzas...). Así, poden colocar un obxecto por cada debuxo que aparece na suma, facéndoo moito máis doado para eles/as.
- E, por último, imos traballar algo de grafomotricidade e trazo. Como vimos no video de Uxía Lambona, as follas caen das árbores en outono. Fíxate na seguinte ficha na forma na que o fan; imos intentar copialo. Para isto:
1. Mamá e papá, debuxádelle nun folio estes 3 trazos.
2. Repasa co dedo facendo a forma, dende arriba cara abaixo.
3. Repasa cun rotulador ou cera.
4. Pon por arriba diferentes materiais, seguindo a forma: pegatinas, garabanzos, bolas de papel ou de plastilina... O que teñas! (Como na foto seguinte)
Bicos e moito ánimo!
Fani.
XOVES, 05 DE NOVEMBRO
Bos días pequenos/as! Que tal levades a semana? Espero que ben.
Hoxe propóñovos outras actividades do outono. Lembrades a ficha que fixemos no cole sobre algunhas palabras e debuxos desta estación? Se non a recordades, tranquilos/as, que vola deixo aquí abaixo para que as vosas familias tamen a poidan ver.
Pois hoxe imos traballar con elas e con algunha máis, a través dun pequeno xogo que creei para vós. Nel tedes que prestar moita atención para recordar onde se esconden as imaxes e palabras que vos pido. En cada páxina tedes un botón de "play" para escoitar as instruccións. Espero que vos guste!
- Escribir nun folio o nome das imaxes que aparecen.
- Contar cantas palmadas dura cada palabra.
- Buscar outras palabras que empecen igual, por exemplo "esquío" empeza por "es", como "estufa" ou "escaleira".
- Escribir o número no que credes que se atopa a imaxe escondida. Para isto podedes ver na páxina principal do blog os vídeos que subiu Isa o ano pasado dos números con animais.
- Inventar unha historia onde aparezan os obxectos que vos pido que atopedes. Por exemplo, podedes pensar que pasaría se o esquío mete todas as súas landras nunha cabaza? A ver que se nos ocorre!
- Facer arte sobre os obxectos de outono. Por exemplo, podedes recortar pequenos anacos de papel de cores (ou de revistas, periódicos... o que teñades) e pegalos dentro dunha folla que vos debuxen nun folio mamá ou papá. Se o facedes das cores típicas da estación (amarelo, vermello, laranxa, marrón...) moito mellor!
E con isto e un biscoito... ata mañá ás oito!
Moitos abrazos.
Fani.
MÉRCORES, 04 DE NOVEMBRO
Bo día de mércores! Veña, que xa falta menos para volver!
Hoxe imos seguir con cousiñas do outono, PERO RECORDADE, primeiro tedes que facer a asemblea! Mirade máis abaixo se non vos acordades dos pasos.
Cando a remates, dille a unha persoa da casa que che lea esta bonita poesía, a ver se cando volvamos a sabemos e podemos cantala todos/as xuntos! Ademais, a ver se eres capaz de atopar as letras protagonistas que vimos no cole (u + i). E de escribilas? Cantas hai de cada unha? De cal hai máis?
E sabes que máis cousas se dan na época do outono? Moitas froitas, como a CABAZA, que vai ser a protagonista das nosas actividades de hoxe, comezando por este conto que tanto vos gusta: Corre corre, cabaciña! Tamén vos deixo a canción para que a cantedes e bailedes.
Gustouvos? Estou segura de que si. E agora... a xogar coas cabazas! Aquí lles deixo a mami e papi varias ideas para que, entre todos, escollades as que máis vos gustan:
- Xogar co Libro Multimedia Interactivo sobre o conto. Este xa o coñecedes, que o vimos moitas veces en clase, así que seguro que sodes uns campeóns/campioas!
- Ser científicos e facer un experimento. Crea nun prato a forma dunha cabaza con lacasitos e, coa axuda dun maior, bótalle auga quente e espera a ver que ocorre. Ti que cres que pasará?
- Ser artistas con macarróns. Mira como o fan neste vídeo e intenta crear a túa cabaza con macarróns. Non te olvides de poñerlle cara!
- Mira esta actividade tan chula do instagram @mamykoala. Para facela, pídelle a alguén que che pinte unha cabaza coas súas liñas; ou faino ti, seguro que che queda estupendo! Despois, segue as liñas colocando enriba diferentes cousas: fabas, macarróns, follas... o que se che ocorra! Podes utilizar as túas mans ou unhas pinzas, para que sexa un pouco máis difícil.
Moitos bicos e moito ánimo!
Fani.
MARTES, 03 DE NOVEMBRO
Bos días, nenos/as e familias!
Para que non botedes moito de menos o cole, aquí vos deixo algunhas cousiñas que podedes ver e facer na casa, sempre de maneira voluntaria e orientativa.
E imos comezar por algunhas das rutinas que facemos todos os días na asemblea:
- Cantamos a canción de "buenos días". Quero escoitarvos a todos/as dende a miña casa!
- Comprobamos quen está e non está no cole. Na casa podes facelo contestando a estas preguntas e contando: Cantas personas hai sempre na casa? Agora falta algunha? Entón, cantos somos hoxe? Recorda que, como facemos na clase, se tes ábaco podes axudarte del para contar; senón, utiliza calquera cousa que teñas: bolas de papel, pedras, macarróns... Todo vale!
- Miramos no calendario o día da semana e cantamos a canción dos días da semana. Acordádesvos de como se fan en linguaxe de signos? Aquí vos deixo o video para que sigades practicando. Nestes días podes ir riscando os días que pasan e contando os que quedan para volver ao cole.
- Tamén miramos o número do día, o mes e o ano. Podes escribilo como facemos na clase, pero ten coidado! Xa non estamos en outubro, adiviñas en que mes estamos? Douche unha pista, comeza por N e é o mes das castañas.
- Despois miramos pola ventá o tempo. Podes facer un debuxo do que vai cada día para que, ao final do confinamento, saibas se houbo máis días de sol, chuvia, sol e nubes...
- E, por último, facemos varias cousiñas co noso nome: escribímolo, contamos cantas letras ten, escribimos ese número e contamos cantas palmadas dura. E, por que non probas a buscar pola casa e facer unha listaxe doutras cousas que empecen pola primeira letra do teu nome? Seguro que hai moitas.
- POR CERTO!! Tes a letra protagonista (i) no teu nome? Acórdaste como a facíamos? Se non o lembras, déixocho a continuación e podes probar a repasala nunha bandexa con: azucre, sal, area...
- Por último, imos traballar un pouquiño máis sobre a estación na que estamos: o OUTONO. Aquí che deixo unhas preguntiñas para ver canto sabes del. Elixe a resposta correcta.
*Actividade sacada do blog "Una mirada especial". |
- Se queres, tamén podes facer a seguinte tarefa. Aquí che deixo unhas prendas de vestir que usamos no outono, sabes onde as poñemos? Vai probando encima do teu corpo ata adiviñar en que parte se colocan, verás que divertido será verte cunha bufanda na cabeza ou cun gorro no pé!
*Actividade sacada do blog "Una mirada especial". |
E, con isto, rematamos por hoxe.
Pasádeo ben! Mándovos moitos bicos e moito ánimo!
Fani.
MÉRCORES 17 DE XUÑO
Ola! Mira e escoita este conto que se titula Pequeno azul e pequeno amarelo... e despois prepárate para manchar os dedos das mans.
Gustouche o conto? Agora proba a facer unha cousa: mamá ou papá pintádelle a xema do dedo índice dunha man con témpera de cor azul, e a do dedo índice da man esquerda de cor amarelo; despois que eses dous dedos se dean un bico forte, de que cor son agora?
Podedes coller varios pratos e probar a mesturar as cores que vedes aquí abaixo, ou outras cores distintas, experimenta, a ver que cor sae...
E agora que xa tes experiencia, poderías dicir de que cor quedaría a cenoria se mesturas o vermello e o amarelo?
Xa tes as mans limpas? Fíxate ben nos protagonistas da Patrulla canina e atopa a diferenza:
Case rematamos... pero antes, lembra que é o que máis che gustou deste curso (o Nadal cando viu Papanoel, as campanadas con gusanitos, os xogos que fixemos no magosto, o samaín, o entroido...) Se non o lembras ben, que mamá ou papá che ensinen as fotos do curso.
Cando te decidas, fai un debuxo do que escolliches.
Faltan dous días para acabar o cole.
Este curso foi un pouco extraño... chegou o coronavirus e tivemos que acostumbrarnos a quedar na casa e a vernos a través do ordenador, a tablet ou o móbil... Grazas a vós, ás familias, puidemos levar a cabo a nosa labor educativa que, de momento, aquí remata.
Chegan as vacacións, e o verán, con tempo para ir á praia, ao monte, a xogar... Pasádeo moi ben, que o tedes ben merecido, toda a familia, pero non esquezades cumprir as novas normas: mascarilla, lavar as mans con auga e xabón varias veces, a distancia de seguridade...
Os profes Gabi e Ana desexamos que teñades un bo verán e esperamos vervos no cole no mes de setembro.
Despedímonos con esta canción... e moitos bicos e apertas para os nosos pequenos e pequenas.
LUNS 15 DE XUÑO
Ola de novo! Xa estamos nos derradeiros días deste curso tan raro. Imos rematar o proxecto da granxa e comezar esas vacacións que tanto vos merecedes por aguantar estes meses.
Primeiro imos relacionar cada animal co sitio onde viven:
Que cousas nos dan os animais?, algúns xa os vimos:
Tamén vos propoñemos xogar coa luz do sol ou dalgunha que teñades na casa. Colocamos algún animal enriba dun folio para debuxar a súa sombra:
E por se vos animades a facer máis sombras con axuda:
Imos fixar a nosa atención, cantos animais podes ver neste debuxo (a solución é un destes números que están escritos xusto enriba da imaxe):
E por último vos propoñemos unah manualidade moi sinxela, crear un avión de papel, pero vos mandamos diferentes opcións para que poidades escoller o que máis vos guste( tamén para os adultos):
Básico: https://youtu.be/5puhYt-KeBU
Sprinter: https://youtu.be/5puhYt-KeBU
V-Wing: https://youtu.be/iiYK3cNtP3w
Avión flecha: https://youtu.be/joRf98-skiA
Star wars: https://youtu.be/x2HL5j4doP8
MERCORES 10 DE XUÑO
Ola! Hoxe imos repasar algunhas cousiñas sobre as vacas. Mirade este vídeo:
A ver se sodes capaces de contar todas as vacas que hai debaixo; fixádevos ben, só as vacas.
Agora mirade e escoitade este conto que ten como protagonista unha vaca chamada Tina, xa veredes que aventureira:
- Cantas irmás tiña Tina?
- Que lles gustaba facer a elas?
- Que pensaban das ideas que tiña Tina?
- Que lle gustaba facer a Tina?
- Con que animal se atopou Tina enriba da árbore?
- Cando as irmás chegaron ao bosque e atoparon a Tina, que estaba facendo?
Fíxate ben e atopa as 6 diferenzas:
Despois de tanta concentración... imos facer algo diferente.
E, por último, lembramos que o luns foi o día dos océanos. Dende Sogama nos invitan a facer varias actividades interactivas moi curtiñas, e que servirán de repaso do aprendido no proxecto Ecolaxeiros: misión salvar a Terra.
Aquí vos deixamos o enlace: Merenda mariña. Caderno verde
LUNS 8 XUÑO
Ola nenos e nenas, xa é luns, e toca comezar esta semana cun sorriso como fan os animais da granxa, podes contar cantos están nesta imaxe?
Imos facer un traballo da letra L, temos que escoitar esta canción e sinalar todas as L que escoitamos, serías capaz de recordar as palabras da canción coa letra L?
Lembras o que vimos a semana pasada sobre o leite, aquí tedes un vídeo para refrescalo:
E agora un puzzle virtual, a ver se sodes capaces de montalo:
Xogamos ao xogo que animal falta, imos ver se estamos atentos a este vídeo e os acertamos todos:
Imos contar un pouco coa axuda dos animais, fixate ben xa que só un dos tres números é o correcto:
Clase de ioga con animais da granxa:
O gato
O porco
O can
O asno
E algunhas máis para as que precisades ter unha cadeira da casa. Intentaremos a da flor, a galiña, o poni, a vaca e a ovella.
E como está chegando a calor e pronto chegarán os xogos de praia, vos propoñemos que fagades un barco de papel, deixámosvos as instruccións para poder facelo en familia:
MÉRCORES 3 DE XUÑO
Ola! Sabedes que nestes días estamos vendo moitos... mellor adiviñade!
VOY CON MI CASA AL HOMBRO
ANDO SIN TENER PATAS
Y VOY MARCANDO MI HUELLA
CON UN HILITO DE PLATA
¿QUIÉN SOY?
O CARACOL
Xa vimos que aprendestes coa profe Isa a debuxar os caracois facendo o número 6.
A forma da casiña do caracol ten forma de espiral.
Mirade estes cadros de Alexander Calder.
Atopades nestes cadros algunha espiral? Contádeas.
Podedes practicar as espirais en fariña, sal ou azucre...
E agora podedes facer o voso propio cadro con espirais, círculos, con moitas cores e formas diferentes...
Botade un ollo a estas ideas...
Tamén podedes facer un caracol con plastilina. Lembrade facer primeiro un churro grande e despois enroscalo, como o de cor azul que vedes debaixo.
E, xa por último, podemos cantar un pouco... Esta canción coñecédela todos e todas... Caracol col col (Pica Pica)
LUNS 1 XUÑO
Mañá, día 2, teremos videoconferencia. Recibiredes mensaxe por Abalar.
Ola a todos-as, xa estamos en xuño e vaise notando a calor, xa estamos cambiando a roupa que tiñamos na casa, verdade? Cal estamos usando nos días de calor?
Imos comezar por unha actividade na que tedes que atopar os debuxos que están abaixo na lámina de enriba:
O leite está moi rico pero sabes como chega dende a granxa ata a túa casa? Ides ver estas imaxes que vos van dar pistas:
Cantamos na casa a canción de "Los pollitos" que traballamos no cole, podes atopar algunha letra L agochada no texto?
E agora algunhas cancións relacionadas co proxecto:
Relaciona cada sombra co seu animal:
E, finalmente, imos fixarnos nas imaxes, alguén meteu cousas que non deberían estar aí, podes axudarnos?
MÉRCORES 27 DE MAIO
Ola! Sabiades que en primavera e verán é cando nacen a maioría das bolboretas? Mirade este conto que se titula: Unha eiruga moi larpeira
- Quen era a protagonista?
- Escribide o número de pezas de froita que foi comendo desde o luns ata o venres. Por exemplo: o luns comeu unha mazá, escribe o número 1.
- O LUNS é unha palabra que empeza pola letra.... L, que outra palabra coñeces que comece por L?
- O MARTES empeza pola letra.... M, que outra palabra coñeces que comece por M?
Cóntalle a mamá ou papá o que pasa en cada recadro.
Primeiro nace unha eiruga dun ovo
Segundo...
Agora podedes facer unha bolboreta, deixámosvos varias ideas:
E, para rematar, escoita esta canción, eres capaz de aprendela?
LUNS 25 DE MAIO
Imos xogar un pouco as adiviñas, primeiro en casa leránvos as pistas e logo baixade un pouquiño a ver se acertástedes coa resposta:
Propoñémosvos unha actividade de cantar en familia, trátase desta canción por todos coñecida, ímola cantar e despois de iso volver a facela pero cada vez sen dicir unha palabra para que sexan eles os que nos digan o que falta:
Aquí vos presentamos unha actividade para contar e relacionar os debuxos que vemos co número que está debaixo:
Imos escoitar o conto da letra L:
E a canción que nos propón Elmo( senón se pode reproducir, búscade Elmo y a letra L en youtube):
E, por último, unha actividade de concienciación fonolóxica. Qué fotografías coñeces que comecen coa letra L, que outras cousas coñeces que comecen igual?
MÉRCORES 20 DE MAIO
Para hoxe propoñémosvos unha actividade de pensar, temos que pensar que pasa nestes debuxos de animais de granxa.
E agora imos contar cantos atopades de cada un:
Esta é unha actividade que se pode imprimir ou copiar con lapis, trátase dunha cara de vaca sorpresa
(nesta páxina tedes a explicación completa: https://www.easypeasyandfun.com/surprise-big-mouth-cow-printable/):
E aquí o pdf para imprimir-copiar-calcar
Un xogo para xogar enriba da tablet ou mobil, é un xogo de escaleiras que suben a baixan para poder xogar en familia.
Gústanvos as nubes de golosina? Imos aprender a facer letras empregando nubes de golosina e espaguetis. Fixádevos na imaxe e, veredes que divertido! Podedes facer as letras que queirades.
E acabamos cun conto que se titula "Un puñado de botones". Ao rematar o conto podedes facer un debuxo da vosa familia.
MÉRCORES 13 DE MAIO
Este domingo, 17 de maio, celebramos o día das Letras Galegas.
Este ano o escritor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero.
Un dos seus libros máis coñecidos para os nenos e nenas é "As pitas baixo a choiva". Aquí abaixo volo deixamos para que o escoitedes.
Que foi o que máis vos gustou? Podedes facer un debuxo sobre o conto.
Continuamos con outra cousa... a ver se adiviñas:
Xa o sabedes verdade? Si, é o porco.
E, se agora, o debuxamos? Se queredes, podedes seguir estes pasos que vos indicamos a continuación. Xa veredes que ben vai saír!
Despois de debuxar ao porquiño, podedes facer unha manualidade sobre este animal de granxa.
Aquí vos deixamos algúns exemplos:
LUNS 11 DE MAIO
Ola! Volve a ser luns outra vez!
IMPORTANTE: esta semana NON teremos videoconferencia, pero o próximo martes 19 si. Enviaremos unha mensaxe por Abalar para confirmarvos o día, os grupos e horarios.
Seguimos co tema da granxa e, para hoxe, vos propoñemos o seguinte:
Esta é unha actividade para pensar, cal será o camiño máis curto? Lembras os seus nomes en galego? repasa o camiño co dedo.
Agora toca contar, tes que ir con coidado para non esquecer ningún.
E para comezar o traballo da letra L (soamente en maiúsculas):
E, para rematar, unha actividade divertida e que serve para traballar a motricidade fina, soamente precisamos algúns tapóns (se non tedes deixar esta actividade para máis adiante), unha pinza de cociña, palillos chineses, pinzas da roupa ou similar e unha bandexa de cociña, bol, tina...:
Podemos pescar libremente
Podemos competir a ver quen saca máis
Podemos facer unha serie sacando nunha orde específica
Podemos escribir un número debaixo de algúns e ver quen fai máis puntos
...
MÉRCORES 6 DE MAIO
Ola! Como nos gusta moito cantar, imos empezar outro día máis cunha canción: O galo canta (preme aquí)
Que vos parece se facemos ao galo e ao pitiño?
Hai que facer dous círculos de papel, un grande branco e outro pequeno amarelo; dobrade cada un dos círculos a metade, facede un corte pequeno e dobrádeo; recortade dous triángulos que fagan de peteiro, e poñede cresta ao galo; pintade un ollo a cada un, e tamén as patiñas.
Se vedes a imaxe de abaixo, resultará máis sinxelo.
Seguro que vos quedan chulísimos!!!
Imos a facer un labirinto, podedes abrilo no navegador e facer o camiño do dedo, debe facer o camiño dende a vaca ata o granxeiro, dende a vaca ata a outra vaca ou o camiño que vos inventedes, pica na imaxe para poñela en grande:
Tamén vos propoñemos una actividade de describir:
¿Qué animais coñeces? ¿E cantos coñeces en galego?
¿Qué nos da cada animal?
¿Qué comen estes animais?¿ E qué beben?
¿Qué coidados necesitan para estar sans?
...
E agora algo de grafomotricidade, repasamos os trazos, que xa sabemos facer, pero dun xeito diferente... Atentos á imaxe que vos deixamos...
Se non tedes papel ou cartón grande, podedes utilizar por exemplo cinta de carroceiro, pegándoa no chan coas formas que teñen estes trazos...
Para rematar vos propoñemos unha activida moi divertida para facer na casa a búsqueda do tesouro, soamente necesitades unha bandexa ou similar, corda-cordel-goma- lazos( ao que daremos voltas a bandexa ) e unhas pinzas da cociña.
Trátase de meter dentro algúns obxectos coma tapóns, boliñas de papel, algún coche... para intentar sacalos sen tocar a cinta-cordel-gomas coa axuda das pinzas, para facelo máis divertido podedes encher a bandexa con arroz, macarróns...
LUNS 4 DE MAIO
Bos días!
- Tedes máis abaixo a planificación desta semana.
- Martes teremos outra videoconferencia, mañá enviaremos unha mensaxe por Abalar para comunicarvos os grupo e horarios.
Comezamos cunha CANCIÓN: Tengo, tengo 3 ovejas (preme aquí)
E agora investigamos:
- Que animal de granxa sae na canción?
- Que alimentos di a canción que nos dan as ovellas?
- Sabes outro animal que nos dea leite?
- Quen nos da queixo?
- De cantas ovellas fala a canción? Escribe o número onde queiras, nun papel, en fariña, en sal...
E agora imos facer TRAZOS OBLÍCUOS, para iso...
Mamá ou papá, debuxádelle trazos oblícuos nun papel (como os da imaxe de debaixo).
1º. Repasar co dedo, desde a parte de abaixo da esquerda e… subir e baixar, subir e baixar…
2º Repasar cun rotulador.
3º Cubrir con calquera cousa que teñades como legumes, bolas de plastelina, etc.
E, por último, repasaremos as FORMAS XEOMÉTRICAS que xa coñecemos. Trátase de que, con recortes de formas xeométricas, fagades distintas composicións. Aquí abaixo deixamos algunhas plantillas que vos poden servir de exemplo para que vexan os nenos/as.
Aquí tedes un exemplo:
MÉRCORES 29 DE ABRIL
Hoxe imos seguir co tema dos animais da granxa. Cada animal fai un son diferente e ten un nome distinto
( ladrido, relincho...), a ver se os coñeces todos con este video:
Tamén vos propoñemos un xogo de parellas no que podedes elexir a dificultade e xogar en casa, soamente tedes que picar sobre a imaxe:
Agora toca o turno de ser detectives e fixarnos nas diferencias que aprecen entre este debuxos, seguro que as atopas todas ( pica na imaxe para agrandala):
E hoxe por fín puidémonos ver, a semana que ven teremos outra reunión e volveremos a vernos e a falar. Para ese día vos propoñemos ter feita unha actividade para ensinar pola camara os vosos compañeiros-as.
Imos facer un debuxo da nosa propia cara cun espello diante( un pequeno para que se vexan ou facelo nunha habitación que teñades un grande). Trátase de que sexan capaces de debuxarse e fixarse neses pequenos detalles que moitas veces se esquecen( cellas, pestañas...)
Seguro que van quedar xenial!
LUNS 27 DE ABRIL
Lembrade ver a planificación semanal que hai máis abaixo. Así saberedes o que imos traballar esta semana.
E tamén hai, máis abaixo, unha explicación de como utilizar o Cisco Webex.
Hoxe empezamos por UN CONTO. Escoitade "La vaca que puso un huevo"
Despois, para ver se o comprenderon, podemos preguntarlles, por exemplo:
- Quen é Macarena?
- Que lle pasou a Macarena?
- Como se sentiu o granxeiro cando viu que Macarena puso un ovo?
- Que dicían as outras vacas?
- Que saíu do ovo?
- Que son emitiu o pito cando saíu do ovo?
-Ti cres que isto que lle pasou a Macarena é posible?
- En realidade, quen pon ovos?
- Se as vacas non poñen ovos, que alimento nos poden dar entón as vacas?
Cambiamos de tema e imos facer SERIACIÓNS CON CÍRCULOS
- Necesitamos tapóns de distintas cores, pero repetidos, para facer unha seriación. Primeiro empezaremos facendo unha serie atendendo a 2 cores, pero se vedes que lle resulta moi sinxelo, incluíde unha terceira cor.
Se non tedes tapóns de distintas cores, facedeo con tapóns de distintos tamaños.
Se non tedes tapóns, facede as series con recortes de círculos, por exemplo.
Lembrade que para facer as actividades que sempre deben colocar os dedos correctamente:
FIN DE SEMANA
Tal como quedáramos, aquí vos propoñemos un manual moi sinxelo de cómo entrar e funcionar a primeira vez coa nova aplicación. Esperamos que vos axude.
Este finde tamén vos mandaremos por Abalar o día e horas das reunións:
VENRES 24 DE ABRIL
Con esta actividade rematamos a semana adicada os libros, trátase dun arquivo cunha recopilación de libros en pdf.
Durante este finde publicaremos unha breve explicación de como usar dende a casa o Cisco Webex:
MÉRCORES 22 DE ABRIL
Ola! Gustouvos o conto do morcego Pexego que vos contou Isa onte? Seguro que si.
Hoxe imos con outra cousa, mirade... temos un vídeo sobre os animais da granxa. Xa sabemos que os coñecedes, pero imos a repasalos.
Antes de ver o vídeo, necesitamos que alguén da familia vaia anotando nun papel o nome dos animais que van aparecendo e, ao rematar o vídeo, que o neno/a conte cantos animais son.
Sería interesante que aproveitedes calquera ocasión para que o peque conte ata o número que poida, non hai un límite (o mínimo é 10), cada un ata onde chegue...
E agora sí, o vídeo ...
Como xa os coñecemos, podemos contar un conto onde apareza algún animal de granxa... Xa está!!!
Acabamos de lembrar un que vos encanta: La ovejita que vino a cenar (preme aquí)
Que personaxes aparecen no conto?
Que quería facer o lobo ao ver á ovella?
Que lle pasaba á ovella?
Por que o lobo deixou á ovella fóra da casa?
Que pasou ao final?
Deixámosvos agora unha manualidade sobre este conto. Se aos nenos/as lles apetece... aquí vos poñemos unha ligazón para velo mellor: manualidade para "La ovejita que vino a cenar"
E atopamos dúas cancións personalizadas para os vosos fillos e fillas que seguro que lles gustan, a primeira e para os nenos e nenas que cumpliron anos nestas semanas de estar confinados. Esperamos quea inda que non puideran celebrar no cole esta canción lles anime:
Escribide en google tinaytin cumple + o nome do voso fillo-a e aparecerá unha canción de felicitación co seu nome
Escribide en google tinaytin + nome do voso fillo-a e aparecera unha canción moi movida co seu nome de protagonista
Facedelle unha foto ou video se non coñecedes a aplicación porque van alucinar!!!!
MARTES 21 DE ABRIL
Dende esta semana teremos novas seccións con vídeos e novas propostas, tedes colgado no lateral dereito un calendario no que se amosa que mestre/a propón actividades para cada día. Os martes e xoves, por exemplo, encontraredes novidades no apartado de Página Principal ( hoxe tedes dúas propostas da profe Isa),os luns e mércores Ana e Gabi seguiremos propoñéndovos actividades, e os venres veredes as propostas de música, inglés, relixión e AL, cada un no seu correspondente apartado.
LUNS 20 DE ABRIL
Ola a todos-as! Esta semana imos comezar a ver, dende as nosas casas, cousas relacionadas co tema da granxa. Tiñamos programada unha saída que, en principio, quedará pendente para o próximo curso en canto as circunstancias nolo permitan.
Imos propoñervos algunhas actividades para ir introducindo algúns conceptos da granxa (retomaremos este proxecto na aula en canto poidamos volver as clases).
Esta é unha app que nestes momentos é gratuita en IOS e Android. Ten un apartado dedicado aos animais da granxa na que terán que relacionar números con cantidades, facer parellas, facer asociacións sinxelas...
Escoitade esta canción coñecida por todos vós: La vaca Lola
E agora, moi atentos: como se chama a vaca? LOLA, moi ben. Pois, familias, necesitamos que escribades en maiúsculas nun papel a palabra LOLA (letras grandes e un pouco separadas) e que as recortedes, para que o neno/a vos diga:
-cantas letras ten?
-como se chaman?
-como soa cada unha delas?
-sabes máis palabras que comecen coa letra L?
A continuación, escondede as 4 letras en distintas partes da habitación, do salón... Dádelle pistas ao voso fillo/a para que as vaia atopando. Unha vez que teña as 4 letras, que compoña o nome da vaca:
LOLA.
Esta actividade podedes facela tamén con outras palabras, por exemplo os vosos nomes, ou os nomes dos seus compañeiros/as.
Bicos e apertas de Ana e Gabi.
VENRES 17 DE ABRIL
Ola! Toca facer algo de ioga. Empezamos co "saúdo ao sol"
E continuamos con ...
Unha vez rematado, podedes repasar as vogais (en maiúscula). Escribídellas ao neno/a nun folio e que el/ela as repase: 1º co dedo e despois con cousas que teñades por casa como lentellas, pezas de lego, pegatinas pequenas... Ao final, que escriban as letras.
Boa fin de semana!!! 😉
XOVES 16 DE ABRIL
Hoxe imos facer un pouco de maxia na casa, ídesvos convertir en magos e magas coma Harry Potter, pero non precisades nin capa nin sombreiro.
Precisades algunhas cousas que pensamos que teredes na casa:
- Pano de rolo de papel de cociña (servilleta)
- Rotuladores de cores
- Auga
- Recipiente plástico ou de cristal, ou similar para poder colocar o debuxo
Os pasos que imos seguir tamén son doados:
- Dobrar o pano e debuxar co rotulador
- Comprobade se calcou o debuxo que queredes facer
- Pintar sobre o debuxo, suavemente, non fai falla apretar moito
- Deixar o debuxo dobrado enriba da bandexa e quedar asombrados
Seguro que saen debuxos superxeniais!
MÉRCORES 15 DE ABRIL
Bos días! Seguro que estes días en casa estades cociñando moito. Hoxe imos facer unha receita moi especial. Está extraída do libro "La cocina de dibujos" de Herve Tullet.
Utilizaremos uns ingredientes que coñecemos ben: círculos e puntos.
Os utensilios de cociña tamén os coñecemos: lápices, pinturas, ceras, rotuladores...
Comenzaremos agora a realizar unha receita que lles axudará a traballar a motricidade fina e a creatividade. Estas receitas tamén servirán para traballar os números, porque teñen que prestar atención ás cantidades, ás posicións dos ingredientes.
Mamá e/ou papá dádelle ao neno/a un folio co debuxo dun prato cun garfo, coitelo e vaso, canto máis grande mellor.
Ide indicando ao voso fillo/a os pasos que teñen que seguir para a elaboración desta receita.
Seguro que vos quedan estupendas!!!
Ao rematar poñédelle o nome, pero... en lugar de escribilo como sempre, se tedes xornais ou revistas que xa non usedes, buscade as letras do voso nome, recortádeas ou pedide axuda a mamá ou papá, e pegádeas por detrás da receita.
Ata mañá!!!
MARTES 14 DE ABRIL
Ola! Estamos de volta! 🙂
Hoxe toca recortar con tesoiras.
Como primeira actividade podemos empezar pegando un folio con cinta adhesiva a unha mesa (como na imaxe que sigue), e despois que o neno/a recorte líñas rectas. É mellor que vós (papá ou mamá) lle debuxedes varias liñas rectas a modo de camiño para que o voso fillo/a siga ao recortar.
Xa estamos preparados para xogar a ser perruqueiros e perruqueiras. Necesitades:
- Rolos de papel hixiénico
- Tesoiras
- Rotuladores
O 1º paso é coller o rolo de papel hixiénico e, coa tesoira, facer cortes ata a metade do rolo aproximadamente, como se ve na imaxe.
O 2º paso é debuxarlle unha cara cos rotuladores.
Se queredes seguir recortando, aquí tedes outra actividade similar:
E agora unha adiviña:
Voo entre as flores
vivo na colmea,
fabrico alí o mel
e tamén a cera.
Quen son?
A ABELLA (preme aquí)
Ata mañá!!!
Semana Santa
Aínda que estes días son considerados non lectivos, sabemos que toda a axuda na casa é benvida para poder entreter os nosos fillos-as, vos deixamos un listado de actividades gratuitas para poder ter máis opcións para esta semana:
- Olga de dios déixanos descargar tres contos de forma gratuita( Leotolda, A rá de tres ollos e Pájaro Amarillo):
- Baía Edicións ten contos dende os 4 anos ata os 12, tamén de balde:
- Un usuario de youtube con moreas de series completas para poder ver online:
- Conto para traballar o medo a oscuridade:
- Actividades para nenos e nenas de 4-5 anos (non todos son posibles, algunhas propostas son bastante complicadas ):
- Fichas de 4 anos (maiúsculas) e 5 anos (minúsculas) para que teñades na casa material de exemplo :
- Fichas de Ioga para que poidades practicar na casa:
- Páxina web con moitas actividades diferentes para facer dende o Pc ou tablet:
E, a pesar de estar lonx,e os vosos profes non vos esquecen.
Bicos e apertas de Ana e Gabi
3 de Abril
Chegou o venres, Toca algo de movemento, escollede unha das imaxes e terán que facer o que lles manda na imaxe, xogade ide cambiando de imaxe sen seguir ningunha orde para que sexa máis entretenido o xogo:
Y para pintar un poco con los dedos:
XOVES 2 DE ABRIL
Hoxe empezamos cun xogo: Que falta?
Colles 10 obxectos ou xoguetes pequenos e lle das ao neno/a 10 segundos aproximadamente para que os mire todos. Pídelle que dea a volta e quita un dos obxectos. Agora terán que adiviñar que falta.
Unha vez que adiviñe, ou se non adiviña non pasa nada, tócalle ao neno/a quitar un obxecto e a ti (papá, mamá...) adiviñar.
E agora a ver se acertas a seguinte adiviña:
Moi ben!
É a bolboreta. Podes facer un debuxo, seguro que queda moi bonito.
Repasamos os números: con esta actividade tan sinxela poderán aprender a relacionar as cantidades coa grafía dos números. En lugar de coller as alubias ou garabanzos cos dedos, que os nenos/as utilicen unhas pinzas da roupa. Deste xeito, ademais de practicar a concentración, tamén favorecerán a motricidade.
E agora sigue repasando os números cantando e bailando con "El Twist de los ratoncitos" :
MÉRCORES 1 DE ABRIL
Xa é metade da semana e toca porse a pensar, imos razoar un pouco, non fai falla imprimir nada pica nas imaxes e pensa cal deber ser a seguinte:
E para traballar a percepción de sons que son familiares e recoñecer algunhas das vogais que xa coñecemos un video:
MARTES 31 DE MARZO
Ola! Sabedes que xa estamos en primavera: hai bolboretas, moitas árbores con flores, escóitanse aos paxaros cantar...Coñecedes este conto?
E colorín colorado, este conto está rematado, e colorín colorete, pola chimenea sae un.. fogueteee!
Gustouvos? Contádelle a mamá ou papá que pasaba neste conto, quen era o protagonista, que facía, como se sentía... Podedes facer un debuxo.
Non podemos saír aos xardíns, parques e rúas da cidade para poder disfrutar da primavera pero...
que vos parece se, coma Luís, plantamos tamén nós unha semente? Podemos coller un vaso dun iogur baleiro ou un frasco de vidro, meter algodón húmido, e introducir no medio varias lentellas. A ver como crecen as nosas plantas.Non esquezades regar as plantas cada poucos días.
E agora podemos encher a casa de flores, a continuación deixamos varias ideas, escollede a que máis vos guste.
Repasamos algunha letra? Como estamos en primavera, podemos lembrar como se escribe a
letra P.
Como soa? Que outras palabras coñecedes que leven a letra P? Cales dos vosos compañeiros/as do cole teñen o P no seu nome?
Podedes escribila con rotulador ou lapis, facer unha letra P con lentellas, con tapóns...
Ata pronto!
LUNS 30 DE MARZO
Bos días!Comezamos unha nova semana todos-as na casa e xa queda menos para volver a poder saír. Para esta semana vos propoñemos repasar o número 5:
Aquí tedes exemplos de actividades para poder imprimir, como sabemos que non todos podedes vos explicamos algunhas formas de traballar os números(abrir o enlace de arriba e repasar as fichas co dedo sobre a tablet,facer puntiños coa forma do 5 e que eles o repasen, facer un circulo nun folio e contar a meter e sacar obxectos, escribir todos os números e intentar recortalos, estés números sirves para colocalos en orde...)
Tamén unha actividade de vogais para xogar online:
E un conto para ler en familia que a autora regala gratuitamente para traballar o tema da ecoloxía e o coidado do medio ambiente:
27 DE MARZO
Ola! Hoxe propoñémosvos facer ioga en familia.
Temos que buscar un lugar onde nos poidamos sentar, tumbarnos, levantarnos...
Para colocarnos na postura correcta escoitade esta canción:
Estades preparados para comenzar?
Nestes días, os nenos e nenas poden estar nerviosos, con pouca capacidade de relaxación e concentración. Este libro é sinxelo e práctico, con exercicios para que, tanto pequenos como maiores, aprendan estratexias de relaxación.
Se non o coñecedes, botádelle un ollo.
Ata o luns!
26 DE MARZO
Bos días! Que tal? Hoxe convidámosvos a escoitar un conto. Titúlase "Daniela pirata". A ver se vos gusta...
Despois de escoitar o conto, podedes facerlle preguntas sobre a historia relatada, como: quen é a protagonista? Que quere conseguir? Consígueo? Como logra ser pirata do Caimán Negro?
Podedes ensinarlle o título, fixarvos nas letras que o compoñen, preguntarlle como se chama cada unha desas letras, como soan, se hai algunha letra que tamén estea no seu nome, ou no de mamá, ou no de papá, podedes decirlle que as conte...
Tamén podedes facer un debuxo sobre o conto, ou que o neno/a se debuxe a si mesmo como un/unha pirata, inventade un nome de pirata...
E, a continuación, podedes facer algunha manualidade de piratas. Aquí vos deixamos varias ideas, a ver cal vos gusta máis.
1. Garfio de pirata.
2. Sombreiro pirata: cunha cartolina negra, grapadora e debuxo de pirata. Se non tedes cartolina, tamén podedes facelo con dous folios pintados polos nenos, ou incluso de cores, quen dixo que todos os sombreiros de pirata teñen que ser negros?
3. Pirata con tubos de papel hixiénico.
Ánimo!Un día menos.
Saúdos de Ana e Gabi.
25 DE MARZO
Hoxe propoñévosmos unha nova app, trátase dunha aplicación de xogos para facer na casa e, cando poidamos, xogar no exterior. É gratuita durante algúns días, tanto para android coma Ios:
E para traballar as letras e o nome, propoñémosvos unha actividade para estes días. Ide gardando os tapóns e bricks e escribimos unha letra en cada un, logo poden intentar compoper palabras eles coa axuda dos tapóns, nunha imaxe queda máis claro:
O principio escribímoslles as letras e teñen que buscalas, podemos axudarlles imitando o son que fai a letra.
Tamén se pode facer con letras recortadas en papel, pero rompen e pérdense con máis facilidade,
Ola! Que vos parece se hoxe facemos algún experimento científico? Aquí vos deixamos un par deles moi sinxelos, e sobre todo, moi DIVERTIDOS!
1. INFLAMOS UN GLOBO CON VINAGRE E BICARBONATO.
Necesitamos:
- Un globo.
- Unha botella de boca estreita.
- Vinagre (suficiente para encher un tercio da botella).
- 3 culleriñas de bicarbonato de sodio.
- Un embudo (opcional).
Como o facemos? Prestade atención a este vídeo:
2. FACEMOS UN VOLCÁN DE ESPUMA.
Necesitamos:
- Un ou varios vasos de vidro.
- Vinagre suficiente para encher o vaso pola metade.
- Bicarbonato de sodio.
- Xabón líquido de lavar os pratos.
- Colorante alimenticio ou témpera líquida (opcional).
Como o temos que facer? Estade atentos...
Despois de estar super atentos e concentrados para que non nos saíse nada mal, necesitamos liberar enerxía, e nada mellor para iso que ... BAILAAAAR!
Todos xuntos... mans arriba... unha volta... Mellor poñemos unha canción. Aí vai:
Buff ... Agora toca descansar un pouco... ATA MAÑÁ
23 de Marzo 2020
Hoxe toca repasar algunas das letras e vogais que xa traballamos na casa, vos propoñemos unha forma diferente de realizalas . En vez de facelas en papel probade a escribilas cun dedo(así veremos se saben por onde comezan, se saben a direccionalidade ou fanas en espello...) utilizando pan raiado- fariña-area ou calquer outro material que nos permita debuxar sobre el.
Probaremos as vogais e a P e M
E tamén vos propoñemos unha páxina con varios contos en pictogramas
18 DE MARZO DE 2020
Ola! Xa é mércores e imos polo terceiro día en casa... para facelo un pouco máis ameno, deixámosvos varias propostas, só tendes que premer nas ligazóns:
1. Lede un conto todos os días. Ao rematar podedes falar dos personaxes, buscar finais diferentes, continuar o conto, facer un debuxo... Os contos favorecen a súa imaxinación e creatividade.
2. Cantade e aprendede xuntos cancións. As do grupo Pica Pica sempre triunfan entre os nenos e nenas. Aquí atoparedes máis cancións
3. Aproveitade materiais que teñades por casa para facer distintas manualidades( neste enlace tedes un montón):
Arriba tedes un exemplo, con dous gusanos podedes facer unha carreira de soplido
4.- Para axudar a outros nenos e nenas que están na casa a ver que non son os únicos que non poden sair, propoñémosvos a actividade do arco iris, consiste en facer un arco da vella nun folio e colgalo logo nunha fiestra para que se poida ver dende a rúa. Vos ensinamos unha plantilla por si queredes aproveitala:
17 DE MARZO 2020
Para este novo día propoñémosvos contar un novo conto relacionado co tema do coronavirus, trae unha folla para facer diariamente que é para nenos máis maiores.
Por se queredes imprimir algunha ficha de números, para repasar o número 4, aquí vos poñemos un enlace:
En clase estivemos a ver a letra M, aquí vos deixamos un conto:
Tamén vos deixamos un trivial para xogar en familia, adapta as preguntas a nenos-as de 4-6 anos e maiores, é pódese descargar en IOS e Android:
16 DE MARZO DE 2020
Ola familias,
Como primeira actividade de 4 anos, propoñémosvos ler en familia un conto sobre o coronavirus, xa que para os nenos e nenas é demasiada información e non sempre está adecuada a súa idade
Despois do conto poden facer un debuxo para probar o que recordan desta historia.
Falar de como se sinten, de que pensan, que actividades lles gustaría facer na casa...
Para repasar os contidos traballados na aula, propoñemos varias actividades:
- Debuxade 5 formas xeométricas e que os nenos/as as recorten coas tesoiras (por exemplo 1 triángulo, 2 cadrados e 2 círculos)
- Unha vez recortados, poñédelle a cada un deles un número do 1 ao 5, que eles os repasen co dedo e despois con rotulador ou pintura.
- Que lle poñan tantos puntos como marca o número.
- Que os ordene do 1 ao 5.
- Unha vez ordenados, que peche os ollos, quitádelle algún número, que adivine cal falta.
- Que agrupe triángulos por un lado, cadrados por outro e círculos por outro. Cantos hai en cada grupo? Que escriban o número.
Nestes días en casa tamén podedes xogar á oca. É un xogo ideal para ensinarlles a contar, a esperar a súa quenda, a respectar as normas de xogo, a non facer trampas...