4 ANOS

ADORNO NADAL.

Estes días estamos a preparar o adorno de Nadal

Esta é a nosa proposta.



Estamos facendo tamén o calendario. Hoxe tocounos un relaxante masaxe.Preme aqui.



MÉRCORES  11 DE NOVEMBRO.

                                    XOGOS DO MAGOSTO.

CIRCUITO CON CASTAÑAS.

Pinta nun papel varios camiños ou emprega xoguetes para marcar o camiño, logo colle unha castaña e utilizando os dedos (matapiollos e furabolos) trata de movela polo camiño sen saírse.  Podedes facer carreiras en familia.

 



EQUILIBRIO COA CASTAÑA.

Coloca unha castaña na cabeza. Tes que bailar sen que caia a castaña ao chan. Podes empregar as cancións do Magosto ou outras que che gusten.

A bailar!!!!

XOGOS DE ENCESTAR:

Podes empregar caixas, botellas de plástico...e decoralas como máis che guste. Algún exemplos:

 


OUTRAS ACTIVIDADES:

Decorar siluetas de mans. Podes facelo con materias que teñas por casa. Suaves, ásperos, brandos, duros… Despois podedes xogar a adiviñar. Tapamos os ollos e procuramos adiviñar o material e como se sinte. Rasca, é pesado, suave...

 


Podedes aproveitar as siluetas para facer un circuito.

 


E por último deixovos un vídeo feito por Diego.


Non esquezades pensar nunha anécdota para contar mañá na clase.

BIQUIÑOS ATA MAÑÁN


 MARTES 10 DE NOVEMBRO.

PESCA.

Hoxe propóñovos un reto:

Trataremos de pescar tapóns empregando dous pauciños.


E para ambientar a actividade podedes escoitar a canción de Magín Blanco "Peixiños do Mar"    https://youtu.be/9cvq46dJyFA

Non te esquezas lavar as mans e podes facelo con esta animada canción:

https://www.youtube.com/watch?v=EtVYkMXQ7rE

Na páx principal do blogue tes unha versión feita por Isa.

https://youtu.be/j1LBGHv7r5

Cadro mans de cartolina.

Coa axuda da túa familia fai a silueta das mans dos membros da túa familia en diferentes cores. Despois, pega sobre unha cartolina máis grande.

Intenta lembrar os nomes dos dedos

 


 O mércores celebrarase o Magosto no cole xa que parece que o tempo vai dar tregua. Nos o celebraremos na casa cunhas divertidas actividades. Hoxe veremos algunhas cancións e o mércores faremos algúns xogos con castañas.

https://www.youtube.com/watch?v=79-6l4A1nII

https://www.youtube.com/watch?v=MROVeaRgT7U

 https://www.youtube.com/watch?v=qF7ZmeGLVdw

 Non esquezades ver a páx principal do blogue con máis actividades.

Moitos biquiños, vémonos pronto.

 

LUNS 9 DE NOVEMBRO

 Conto: Unha eiruga moi larpeira.



Posibles actividades para despois do conto: 

Lembra os días da semana;

Os alimentos que comía a eiruga...

Fai un debuxo

ou tambén podes facer unha manualidade como a que presenta Diego no seguinte vídeo:



PSICOMOTRICIDADE FINA E AS CORES. 

É unha variante dunha actividade da semana pasada. Esta vez traballamos as cores.

Para esta actividade podedes usar botóns, pompóns, canicas, bolas...pezas pequenas de cores.

Se non tedes pratos de cores,  poñer un código de cor, unha pegatina… para coller as pezas empregar pinzas, se tedes.



 Podedes empregar pinzas da roupa. Se tedes paus de xeado como os dos médicos podedes facer outro tipo de pinzas.



 

VENRES  6 DE NOVEMBRO.

CONTO: O POLO PEPE

 


CANCIÓN : O POLO PEPE

 


Actividades para despois do conto:

Recordar o que comía o Polo Pepe e as partes do corpo que menciona o conto.

Facer a silueta do Polo Pepe. Se non tedes papel amarelo, empregar papel de xornal ou revistas. Rasgar o papel e facer boliñas. Despois pintar con témpera ou acuarela.

 


Se xa fixeches os pitiños o outro día, podes facer un vídeo como se fora unha marioneta e cantando a canción do Polo Pepe.


XOVES 5 DE NOVEMBRO

CANCIÓN: COAS MIÑAS MANS



 PSICOMOTRICIDADE FINA:

Clasificación de legumes.

Xunta nunha bandeixa diferentes tipos de legumes: lentellas, garavanzos… Despois Terán que separar cada un delas en diferentes recipientes. Poden empregar os dedos, pinzas pequenas, e se os elementos son máis grandes (macarrons, noces…) pinzas tipo as de xeo.

Exemplos:

 


VARIANTE: debuxar a silueta  e colocar os obxectos enriba.



 Biquiños das vosas/os profes.


MÉRCORES  4 DE NOVEMBRO.

CANCIÓN : BOS DÍAS.


Mirar o calendario e ver o mes e o día que estamos. Riscar os días e ver cantos nos faltan para voltar ao cole, para que chegue a fin de semana, para un aniversario... Ver o tempo que fai e debuxalo. Falar das cousas que vades facer ao longo do día.

 CANCIÓN: O GALO CANTA

 


MANUALIDADE: un pitiño

 Se tedes piñas, un tubo de papel...

 


Ou empregando as siluetas da man e un pouco de papel e cartolina.

 


Tedes máis actividades na páxina principal do blogue realizadas por Isa, Noe e Diego.

Moito ánimo que xa queda pouco!!


MARTES 3 DE NOVEMBRO

As actividades descritas a continuación son voluntarias e orientativas

Algunhas rutinas para facer na casa:

Canción Buenos Días:


Canción Días de la Semana:

 

Riscar no calendario o día  e contar cantos días faltan para voltar ao cole

GRAFISMO CREATIVO: Camiños evitando obstáculos.

Pegar nunha cartolina, folio… pegatinas, gomets...e realizar camiños sen “atropellar” as pegatinas. Se tedes un papel máis grande podede colocar pequenas cousas pedras, coches… Podedes facer os “camiños” “rúas” … con pincel, rotus…




Moitos bicos e ánimo!!!!

 




RETO FINAL "DIARIO DE CONFINAMENTO"


FINAL DE CURSO.
Xa chegou o momento da despedida. Deixamos unhas actividades moi chulas que podedes facer durante o verán, pero non esquezades "Sentidiño". Algunhas serán máis fáciles de facer que outras, pero podedes adaptalas o voso gusto ou facer a vosa lista de actividades. Tamén podedes facer un diario con fotos e escribir as cousas que fagades. Incluso podedes poñer unha puntuación se vos gustou ou non.
MERECEDES TER UN BO VERÁN. A DESFRUTAR!!!
BICOS E APERTAS DAS VOSAS PROFES.







MÉRCORES 17 DE XUÑO.

Hoxe está de aniversario alguén moi especial da clase das XOANIÑAS. Sopra moi forte esta vela.
E agora disfruta deste vídeo adicado especialmente para ti. Moitos parabéns!




Rematamos o MARATÓN EN CASA  con estas últimas tarxetas.





BICOS E APERTAS DAS TÚAS PROFES!!!!


LUNS 15 DE XUÑO.
Xa queda pouco para rematar o curso. Por iso para esta semana te propoñemos outra MARATÓN EN CASA. Deixamos a metade do reto para hoxe e o resto para o mércores. Ánimo a ver canto tardas en facelas todas.







Bicos e apertas das túas profes. Vémonos o mércores!!!

PLANIFICACIÓN SEMANAL. Preme aquí.

ANIVERSARIO.
Hoxe domingo 14 de xuño é o aniversario dun neno moi especial na clase das TARTARUGAS. Sopra a vela premendo aquí
E agora a gozar!!!

Preme aqui


ANIVERSARIO.
 Hoxe mércores 10 de xuño é o aniversario de alguén moi especial na clase das TARTARUGAS.
Sopra a vela premendo aquí.
E agora toca bailar e cantar!!!!





MÉRCORES 10 DE XUÑO

Bos días peques!

Hoxe imos iniciarnos un pouquiño nas restas e para iso axudaranvos uns personaxes moi especiais, os superheroes... aínda que para as profes os verdadeiros superheroes sempre seredes vós.

  • Resta con paos e superheroes. Primeiro faranno de xeito manipulativo collendo pinturas, pompóns ou calquera outro material que teñades a man e irán anotando cantidades de xeito numérico nun folio.
  • Cancións: "5 superhéroes"

                            "El twist de los ratoncitos"

  • Resolve e colorea:
E isto é todo por hoxe. 
Bicos e apertas das vosas profes.

LUNS 8 DE XUÑO.
(Non esquezas ver o reto 10 máis abaixo)
LETRA T.
XIMANSIA MUSICAL. DESPERTANDO NEURONAS.
Mellora a  aprendizaxe, incremento da creatividade e da concentración mental, aumenta a memoria, estimula e activa o traballo do crerebro e as neuronas, mellora  na resolución de conflitos, entre outros. EnlacesEnlace 2.    Enlace 3.

CONTO: CALMA

ACTIVIDADE POSTERIOR: debuxar sobre film trasparente,  os nenos/as poden por un de cada lado e verse mentras pintan ou pintarse un ao outro como si calcaran.


 Recurso atopado neste enlace.

Bicos e apertas das túas profes.



PLANIFICACIÓN SEMANAL. Preme aquí.


RETO DE FIN DE SEMANA:

RETO 10: "Recreando contos"



Boa fin de semana! Biquiños das profes!

MÉRCORES 3 DE XUÑO

Bos días pequerrechos! Hoxe imos disfrutar e aprender un pouquiño máis sobre as nosas amigas as abellas e a importancia que teñen no noso planeta.

  • FIGURA XEOMÉTRICA: O HEXÁGONO. Busca por casa cousas que teñan forma de hexágono (6 lados). Debúxaos e pon o seu nome.
  • CONTEO:
         Conta cantas flores hai en cada panal e pon o número no recadro.


·        Axuda á abella a chegar ata a flor coloreando seguindo os números do 1 ao 9 sen saltar de celda.

  • XOGO: "6 HEXÁGONOS - 6 CORES"
          Tes 6 pezas hexagonais que se dividiron en 6 triángulos cada unha. Aparecen coloreados intercambiando 6 cores de xeito que todas as pezas sexan distintas.


O xogo consiste en colocar os hexágonos formando figuras cunha soa condición: “os lados dos hexágonos que se toquen teñen que ser da mesma cor”
Moito ánimo e moitos biquiños e apertas das profes.


LUNS 1 DE XUÑO.
 (Non esquezas ver o reto que está máis abaixo)

 As abellas. Cap.5 O mel.

RECEITAS:     E se algunha saeche ben… xa sabes invita á profe.

Xogo de psicomotricidade fina:  Panal de abellas: rolos de papel WC, cortiza, e paus chineses.

XOGOS DE LATERALIDADE.  ACTIVIDADES 3-4-5-6-7-8-9-10

LETRA S.

-  CANCIÓN

Apertas e bicos virtuais das vosas profes!!


Planificación semanal. Preme aquí.

RETO DE FIN DE SEMANA:

RETO 9



Boa fin de semana!
Biquiños e apertas virtuais das profes!

ANIVERSARIO:

Hoxe na clase das Xoaniñas, está de aniversario alguén moi especial. Moitos parabéns!
Esta vela é para ti. Sopra moi forte!
Disfruta tamén deste vídeo. Agardo que che guste. 
Moitos biquiños!





MÉRCORES, 27 DE MAIO

Bos días peques!

Esta semana imos traballar, entre outras cousas:

  • AS FORMAS XEOMÉTRICAS:
         Debes buscar pola casa cousas que teñan forma de óvalo, círculo, cadrados, triángulos e rectángulos, debuxalos e poñer o seu nome. A continuación contaredes cantos hai de cada forma e porás o número ao seu carón (tamén podedes aproveitar á hora de comer para ver que alimentos teñen esa forma)


¿Cantos dentes lle rompeu a cabra ao lobo feroz? ¿ Qué lle fixo o burro ao lobo? ¿ e a ovella, a vaca e ao porco?

Ordea do 1 o 5 estas imaxes, según foron atopándose co lobo feroz.



                                                                                                                                
                                                                                                                                                                                                                           

Escribe o nome de cada animal.

Podes facer monicreques con cada un dos personaxes e despois representar o conto. Podes facelos de distintas maneiras. Elixe a que queiras e a xogar!!!!

E isto é todo por hoxe. Esperamos que disfrutedes coas actividades e tamén do tempo para pasear.
Moitos biquiños das profes.


LUNS,25 DE MAIO.
(non esquezas ver o reto que está máis abaixo)

LETRA M.


Fai un exercicio de memoria. Procura lembrar as palabras que saen en cada un dos vídeos. De cantas te lembras? Fai unha lista e logo contáas? Podedes facer un concurso de cantas palabras lembra cada un de vós.

MOSAICO DE CASCA DE OVO. Pinta as cascas dos ovos. Despois rompe en anacos e empregaos para pegar nun debuxo e facer un mosaico. Por exemplo unha abella e unha flor. Para ver un exemplo. Preme aquí

LIBAR COMA UNHA ABELLAOpción 1: debuxa unha flor e coloca  papeliños  e noutro lado uns platos o unha colmea…. Colle os papeliños da flor  empregando unha palla e aspirando por ela e tenta pasalos á colmea. Opción 2: emprega auga. Para ver un exemplo. Preme aquí.

XOGOS EN FAMILIA. Preme aquí.

Bicos e apertas das profes!!!



Preme en  :PLANIFICACIÓN SEMANAL.


RETO DE FIN DE SEMANA:

RETO 8



MÉRCORES 20 DE MAIO:

Bos días peques!

Esta semana imos traballar a terceira decena de forma moi divertida.

  • Xogo: adiviña os números do 1 ao 30
  • Tabla numérica e conteo:
          - Colle a tabla numérica do 1 ao 30 e conta en voz alta.
            
          - Copia cun lapis os números nun folio do 1 ao 30.
  • A decena:
          - Damoslle ao neno ou nena palillos para que xogue e faga con eles libremente as súas propias creacións. Podemos empregar palillos, palliñas, etc.

          - Pedimos ao neno ou nena que nos axude a contar moitos elementos (mínimo 30-40). A finalidade é que busquen unha forma rápida e práctica de conteo. Para isto, deberá recurrir ao agrupamento de elementos creando a decena. O atadillo pode ser unha goma ou coletero. É importante non dar a solución, que xurda do neno ou nena.

  • A caixa das decenas:  crearemos unha caixa de decenas, pode ser calquera caixa de zapatos ou envase que teñamos na casa. 
-      Decoramos a caixa de decenas como queiramos.
- Metemos as decenas.
- Xogamos a pedir 1, 2, 3 decenas.
- Cada vez que queramosa coller unha decena debemos chamar á caixa:
  "pom pom" (neno/a)
   Quen é? (adulto)
   Nome do neno
   Que desexa? (adulto)
   Dicir o número da decena (neno/a).
  • Contamos de 10 en 10:
          - Canción
          - Colle a túa caixa de decenas e a contar! ata 3 decenas (importante ter en conta a reversibilidade no proceso, é dicir, unha decena son 10 palillos e 10 palillos unha decena)

·         EXPERIMENTO: "Arco da vella de caramelo"
  •  VÍDEO SOBRE AS ABELLAS E A SÚA IMPORTANCIA


E isto é todo por hoxe. A aprender xogando e a disfrutar do bo tempo.
Biquiños das profes!!!




RETO DE FIN DE SEMANA:
RETO 7:



Boa finde e a disfrutar das Letras Galegas.
Ánimo. Unha semana máis, unha semana menos💪

Biquiños das profes.

MÉRCORES 13 DE MAIO

Bos días peques!

Antes de nada, queremos avisar de que esta semana NON haberá videoconferencia, pero o mércores que ven si. Xa vos avisaremos por Abalar sobre a hora e os grupos.

Este domingo 17 de Maio celebramos o día das Letras Galegas. Este ano o escritor homenaxeado é RICARDO CARVALHO CALERO.

Un dos seus libros máis coñecidos escrito para nenos e nenas é "AS PINTAS BAIXO A CHOIVA". Trátase dun relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor.
A continuación, deixámosvolo para que o vexades.




Dende o ano 1963 foron moitos os escritores e escritoras os homenaxeados co motivo das Letras Galegas. Os bolechas sábenno e queren mostrárvolo a través destas curtas.

 Esta semana imos traballar a segunda decena.

CONTEO DO 1 AO 20:

  • Canción: "Contando do 1 ao 20"
  • Xogamos ao escondite: o adulto debe esconder 20 elementos na casa. Cada un debe estar numerado do 1 ao 20. O neno/a a medida que os atope debe ordenalos segundo a súa grafía.
  • Collemos fabas ou calquera obxecto que teñamos e a contar.
SEGUNDA DECENA:











































  • Seguiremos a seguinte secuencia: primeiro contamos coas nosas mans deo 1 ao 10, despois no chan poñemos as mans (as que fixemos anteriormente) e engadimos a grafía.















    • Despois falamos de que imos sumar, a engadir a familia do 10.
    • Finalmente sumamos con pezas de construcción ou calquera outro material e engadimos a grafía.

    RECTA NUMÉRICA DO 1 AO 20:
    • Xogos na alfombra de números, se non tes podes facela ti elaborando tarxetas de números con cartón ou folios no chan (lembra pegalos ben ao chan para non caer).
    - Se estou nun número e dou x saltos, a que número chego?, se estou nun número e quero chegar a outro, cantos saltos dou?

    RECTA NUMÉRICA, CONTAR DE DOUS EN DOUS:
    • Aprendemos a técnica dos dedos das mans para contar de dous en dous.
    • Buscamos elementos do noso corpo que sexan dous: orellas, ollos, mans, pés, e os nomeamos.
    • Coa recta numérica debemos contar de dous en dous.
    • Podemos engadir elementos contables como debuxos de ollos, orellas, mans.


    s     E isto é todo por hoxe. Ánimo e a divertirse xogando coas Mates.
           Moitos biquiños das profes.

    ·        LUNS 11 DE MAIO.
    (non esquezas ver o reto 6 un pouco máis abaixo)
    Imprimir ou debuxar estas flores, contar os pétalos, poñer o número no centro e colorear.













    ACTIVIDADE: “O BO QUE TEÑO E O BO QUE TEÑEN OS DEMAIS”
    Hoxe deixámosvos unha proposta para traballar a autoestima e a linguaxe oral, baseada no libro “Burbujas de paz” de Sylvia Comas.
    O xogo consiste en que cada participante debuxa unha flor grande nun folio, ou podedes imprimir un modelo que vos deixamos máis abaixo, ou incluso podedes recortar anacos de papel en tiras para escribir (os pétalos poden ser o mesmo número que de participantes ou o dobre no caso de ser poucos participantes), no centro da flor colocamos o noso nome e nun pétalo escribe algo que che guste de ti mesmo ou do que te sintas orgulloso.
    Cada membro pasa a súa folla á persoa que ten á súa esquerda, esa persoa escribe nun ou dous pétalos (segundo os membros a xogar) algo que lle gusta da persoa que figura no interior da flor. Ao rematar verbalizamos o que puxemos na flor.
    A finalidade do xogo é estimular a capacidade de recoñecer e apreciar o bo que hai en nós mesmos e nos demais e poder expresalo.

    CURTA: “AUTOESTIMA
    LETRA P.


    Fai un exercicio de memoria. Procura lembrar as palabras que saen en cada un dos vídeos. De cantas te lembras? Fai unha lista e logo contáas? Podedes facer un concurso de cantas palabras lembra cada un de vós.






    RETO DE FIN DE SEMANA
    RETO 6:



    MÉRCORES 6 DE MAIO

    • CONTEO DO 1 AO 10: Hoxe imos traballar a primeira decena, do 1 ao 10. Para iso deixámosvos as seguintes plantillas de decicubos a partir das cales propoñemos unha serie de actividades. Podedes imprimir estas ou facer as vosas coa axuda da familia.


    pincha aquí para descargar





    -        Colocamos as tarxetas de forma desordenada e debemos ordenalas: de forma crecente (1 o 10) e de forma decrecente (10 o 1).

    -        Escondemos unha tarxeta e debemos adiviñar cal falta. Facémolo varias veces con distintas tarxetas.


    -        Asociación grafía-cantidade: engadimos a grafía do número as plantillas. Tamén podemos engadir dados, mans, etc co mesmo número.

    * Canción: Prepara el pastel

    * Podemos facer unha tarta de galletas seguindo o seguinte vídeo

    Biquiños virtuais das vosas profes. 

    LUNS 4 DE MAIO.
    (LEMBRA QUE MÁIS ABAIXO ESTÁ O RETO Nº5)

    LETRAS E LECTOESCRITURA CON LEGO.







    1. Emparellar letras. Maiúsculas con minúsculas. Incrementar a diversión se escondemos por toda a casa unha das letras a emparellar.

















    2- Formar palabras.
















    3. Cando empecen a ler: poden xogar a formar palabras a partir de letras soltas ou a partir de sílabas. Tamén poden xogar a ver cantas palabras distintas poden facer a partir das mesmas pezas.
    4. Xogar a facer frases a partir de palabras escritas (maiúsculas e minúsculas)  nas pezas de Lego.

    SEMPRE RESPECTANDO O RITMO DO NENO/A E NON FORZANDO O APRENDIZAXE

    LETRA L.


    XOGOS EN FAMILIA.
    3 XOGOS :  



    Lembra os números que aparecen no vídeo:
    Cantos tipos de abellas hay?
    Cantas abellas se necesitan para facer  un kilo de mel?
    Cantas flores necesitan?




    MOITOS BICOS E APERTAS DAS VOSAS PROFES!!!






    RETO DE FIN DE SEMANA

    RETO 5:




    MÉRCORES 29/04
    O óvalo é unha figura xeométrica semellante o círculo,  e da familia do círculo, é o seu primo pero non lle gusta nada comer, é máis fino.
    Busca pola casa obxectos que teñan a forma de óvalo. Debúxaos e escribe o seu nome.
    Conta os cadrados e escribe o número que ves, o mesmo cos círuclos, triángulos, rectángulos e óvalos.

    Receita de cociña: “Ovos recheos”


    Ingredientes:
    4 Ovos
    Maionesa.
    Cenoria.
    Olivas negras.
    Pemento morrón.
    Leituga
    Preparación:
    Cocemos os ovos, quitamoslle a cáscara. Cortámolos pola metade e lle quitamos a xema. Xuntamos a xema ca maionesa, e recheamos con esa salsa os ovos. Para adornar cortamos trozos finos de pemento para facer a boca, trozos finos de cenoria para facer os pelos, e circuliños das olivas para facer os ollos. Emplatamos o prato con leituga, poñemos os ovos enriba, e  a comer. Bo proveito!!!
    MANUALIDADE:
    Imos facer unha abella con cartulina. Precisamos cartulina de cor amarela, vermella e negra.
    Facemos un círculo e un óvalo de cor amarela. O círculo para a cabeza e o óvalo para o corpo. Coa cartulina negra facemos unas tiras para facer o corpo da abella, uns circuliños para os ollos e unha tira ovalada para a boca, tamén podes facer as anteas con cartulina negra. Coa cartulina vermella facemos un corazón que representará as ás.





    LUNS 27/04

    (NON TE ESQUEZAS DE VER O RETO 4, PODES ATOPALO UN POUCO MÁIS ABAIXO)

    XOGO “BUSCA E ATOPA” Algo divertido que podedes facer todos xuntos é o xogo no cal debes atopar obxectos que empecen por cada unha das letras do abecedario. Esto é fantástico para que os nenos/as vaian asociando grafía con fonema. Este xogo axuda a tomar conciencia dos sons que forman as palabras, é dicir a adquirir conciencia fonolóxica, básica para o proceso de aprender a leer e escribir.

    ACTIVIDADES COAS VOGAIS.
    Fai un exercicio de memoria. Lembras todas as palabras que saen? Es capaz de facer unha lista de palabras (en maiúscula ou minúscula)?  Ánimo.  Tes esas cousas en casa?

     XOGOS DE SIMETRÍA E LATERALIDADE.

    SIMETRIA E LATERALIDADE .   Procura facer unha abella probando unha desas técnicas.

    APERTAS E BICOS DAS VOSAS PROFES.






    ANIVERSARIO:
    Onte foi o cumple dunha nena moi especial na clase das tartarugas. Esta vela é para ti.
    E aínda que xa pasou un día, aquí tes un vídeo para ti.





    RETO DE FIN DE SEMANA:

    RETO 4




    ESTAMOS DE ANIVERSARIO.
    Hoxe é o cumple de un neno moi especial na aula das XOANIÑAS. Parabéns!!!! Preparado para soprar a VELA

    E AGORA TOCA CANTAR E BAILAR.





    MÉRCORES 22/ 04
     Hoxe é o Día da Terra. E Google adica o Doodle de hoxe as abellas. Pincha en Google para ver a información.
    Ademáis poderás ver outros Doodles, pincha aquí.


    - Canción: “Os números


    ·      Manualidade: “Os números cos nosos dedos”.


    -        Pinto a miña man con pintura sinalando o 1 co dedo índice. Deixo a pegada sobre un papel.
    -        Pinto a miña man para facer o dous co dedo índice e corazón. Deixo a pegada noutro papel.
    -        Para o tres, coloco índice, corazón e anular e calco noutro folio.
    -        Para o catro utilizo os dedos: índice, corazón, anular meñique e plasmo sobre un papel branco.
    -        O cinco coa man aberta.
    -        O seis, unha man enteira e o dedo índice da outra man.
    -        O sete, unha man enteira e dous dedos da outra (índice e corazón).
    -        O oito, unha man enteira e tres dedos da outra (índice, corazón e anular).
    -        O nove, unha man enteira e catro dedos da outra ( índice, corazón, anular e meñique).
    -        O dez cas dúas mans, se ten irmáns poden facer as pegadas entre todos hasta conseguir os números do 1 o 10.
    -        Deixar secar e recortar.

    ·      Busco 10 aneis de xoguete ou creo 10 de plastilina e os coloco nos meus dedos seguindo a secuencia correcta de conteo:
    -        Ascendente: 1 o 10.
    -        Descendente: 10 o 1.
         

              Recordade que temos novo horario á dereita do blogue para que saibades que actividades vanse publicar e onde.

    s         Saúdos e bicos virtuais das vosas profes.

    20/04
    TODOS OS DÍAS: Recorda poñer a data nos teus traballos/debuxos ou nun calendario da casa. Además podes debuxar o tempo que fai. Ou se prefires facer algo coma isto:


    Ao final da semana ou do mes, conta cantos días fixo sol, choveu ou estaba nubrado. As tartarugas facían esta actividade o ano pasado, pero seguro que as xoaniñas tamén o fan estupendamente.
    Despois o reflexábamos nun gráfico parecido a este. Deíxovos un exemplo ( non hai unha maneira única de facelo):




    TRAZO DAS LETRAS EN MAISCULAS E MINÚCULAS.
    Podedes empregar bandeixas de area, arroz , sal, fariña. Tede coidado como fan o trazo, que empecen polo lado correcto.





    Podedes facer algunhas destas letras. Aquí vos deixo uns vídeos dalgunhas vogais. Ademáis tamén podedes facer listas que conteñan esas letras, por ex:
    · cousas da cociña
    · xoguetes da miña habitación
    · Ou calquera cousa que vos guste



    CANCIÓN LETRA A  (preme nas palabras de diferente cor)

    TRAZO LETRA A EN MAIÚSCULA E MINÚSCULA

    CANCIÓN LETRA E



    Fai un exercicio de memoria e recorda todas as palabras que apareceron nos vídeos.



     XOGOS EN FAMILIA.


    Recorda que non fai falla facelo todo nun día. O máis importante é gozar co que fas.
    SAUDIÑOS DAS VOSAS PROFES.
    XA QUEDA UN DÍA MENOS!

    19/04








    RETO DE FIN DE SEMANA.

    "Para converterte nun grande artista, proba cos dedos malabaristas gastando pista"





    MARATÓN NA CASA 2.
    Preparado? aqui tes outro maratón que podes xogar durante a semana ou a fin de semana. Recorda que podes inventar as túas propias tarxetas. Ánimo!!





    17/04
    Conto         Ernesto bo día





    ¿Qué comeron Ernesto e a súa familia? ¿Quén era Henriqueta? ¿Qué lle pasou a Ernesto cando ía a casa de Henriqueta? ¿ A qué hora merendaron na casa de Henriqueta?.
    Cómo este conto trata da familia, pregúntalle a túa familia cantos membros sodes, entre avós tíos e primos. Despois escribe o número. Tamén podes facer un árbol xenealóxico e decoralo.
    Como podes ver na portada do conto pon “Ernesto bo día”, conta cantos “e” ves.

    MANUALIDADE: se tes algodón na casa, pintura de dedos ou témpera negra podes coller o algodón, mollalo na pintura negra e estampar a cor negra para facer unha nube, despois debuxa e pinta o corpo de Ernesto.

    EXPERIMENTO: O OVO SALTARÍN.


    Materiais:
    -        Un ovo.
    -        Un vaso.
    -        Un pouco de vinagre.
    Procedemento:

    Nun vaso poñemos o ovo enteiro con vinagre, deixamos dous días o ovo no vinagre. Quitamos o vinagre do vaso e lavamos o ovo.
    Cuestións: ¿Como quedou o ovo? ¿que acontece se poñemos o ovo sobre unha lanterna?


    Cando remate o experimento podes debuxar cada un dos pasos e despois numeralos. Por exemplo:
    1º- debuxar os ingredientes.
    2º o ovo dentro do vaso.
    3º o ovo despois de 2 días. (observa durante estes días os cambios que lle acontecen)
    Podes elaborar un pequeno libro cos experimentos que fagas.
    BICOS E APERTAS DAS TÚAS PROFES.


    16/04
    PROPOÑEMOS QUE FAGADES UNHA ACTIVIDADE DE CREATIVIDADE .
    SÓ TEDES QUE IMAXINAR NO QUE SE PODEN CONVERTER ESTOS CADRADOS E CÍRCULOS. DESPOIS TEDES QUE ESCRIBIR  O NOME DA VOSA CREACIÓN. ( CADA UN COMO SAIBA)

    CONTO: POR 4 ESQUINITAS DE NADA.
    DEIXÁMOSVOS UN XOGO DE PERCUSIÓN. XA FIXEMOS ALGO PARECIDO AO ESTILO SIMÓN DÍ...PERO NESTE CASO VAI CON MÚSICA. A GOZAR!



    BICOS E APERTAS DAS VOSAS PROFES.

    15/04
    Conto:  Un fantasma con asma






    ¿Qué ten a fantasma? ¿Onde vive? ¿Cómo se sentía o principio da historia? ¿Qué fixo para superar a enfermidade? ¿Cómo podrías axudar se ves a algún amigo que está soiño?.

    Como este conto ten como eixe principal as rimas, propoñemos que xoguedes as rimas coa vosa familia. Por exemplo podedes dicir una palabra “talo” e buscar palabras que rimen con ela, como cabalo, galo, etc.
    Tamén se pode facer con imaxes e unilas.










    14/04 COMEZAMOS O 3º TRIMESTRE.
    Imos facer unha plastilina casera sen cocción. Colle papel e lapis e apunta os ingredientes que necesitas.



     Cando remates fai un debuxo de cada un dos pasos, por exemplo:
    - os ingredientes.
    - o debuxo dun bol cos ingredientes dentro.
    - mans mesturando os ingredientes
    - xogando coa plasti.
    Podes ademais numerar os  pasos: 1º-2º- 3º- 4º...
    Ademais deixovos un vídeo explicativo  (Preme en vídeo)





    11/04 ESTAMOS DE CUMPLE!!
    HOXE NA CLASE DAS XOANIÑAS CUMPLE ALGUÉN MOI ESPECIAL. 
    SOPRA A VELA.
    E GOZAR DESTA CANCIÓN. PARABÉNS!!









    10/04 CUMPLE!!
    HOXE NA CLASE DAS XOANIÑAS CUMPLE ALGUÉN MOI ESPECIAL.
    SOPRA A VELA. E DISFRUTA DA CANCIÓN. PARABÉNS!!!











    RETO DE FIN DE SEMANA:

    RETO 2. SE UN BO RATO QUERES PASAR, COMA OS ANANOS PODES BAILAR.




    BOTÁMOSVOS DE MENOS, XA QUEDA MENOS!
    Seguiremos poñendo e compartindo actividades e retos nuns días.
    Moitos biquiños e apertas virtuais das vosas profes.

    Día 13. 3/04

    Bos días! Xa remata outra semana. Ánimo que xa queda menos!
    Para hoxe propoñemos:

    ADIVIÑAS DE ANIMAIS:

    Descubre de que animal se trata, escribe o seu nome e fai un debuxo del. Pica na palabra SOLUCIÓN para ver o animal correcto.

    Son astuto e xoguetó
    e cazar un rato
    é a miña maior afición.
                 Solución

    Puñado de algodón
    que brinca sin ton nin son
              Solución


    Cargadas van,                                                              Un só porteiro,
    cargadas veñen                                                            un só inquilino,
    e no camino non se deteñen.                                       a túa casa redonda
    Solución                                                                        lévala contigo.
                                                                                          Solución


    CONTO-CANCIÓN: “A bruxa Maruxa”




    ¿Qué ten a bruxa Maruxa? ¿Qué fai coa súa vasoira? ¿Cántas primas tiña a bruxa Maruxa? ¿Qué quere ser a bruxa Maruxa?
    Podemos debuxar a bruxa Maruxa e con papel de xornal rasgado podemos facer a vasoira da bruxa.




    NÚMERO PROTAGONISTA

    Hoxe imos repasar o número 8 que é o que estabamos a traballar este trimestre. Para iso imos facelo dun xeito divertido, a través dun panel parecido ao que temos na clase.






    Deste xeito, traballaremos o trazo do número 8 (co dedo, cun coche…)
    Tamén podemos identificalo en dados, dominós…
    Despois escribiremos o número en díxito e en letras.
    Tamén traballaremos a descomposición. Podemos facelo agrupando boliñas de papel ou outro material que teñamos na casa. Isto axudaranos a iniciarnos na suma. Podedes animarvos e facer alguna.
    Tamén podemos repasar o conteo para adiante (1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8) e para atrás (8, 7, 6, 5, 4, 3, 2,1).




    Coñeceremos tamén cales son os veciños do 8, descubrindo que número vai diante do 8 e detrás.
    E por último familiarizarémonos cos signos



    Podemos practicar isto mesmo con outros números, así repasamos o aprendido.

    MARATÓN EN CASA.
    Non fai falla que realices todas nun día . Ademáis algunhas son difíciles como deletrear. Pero podedes pedirlles que intenten escribilas. Adaptalas como queirades. Podedes facer equipos en casa a ver quen realiza as probas antes.
    Cando remates estas tarxetas, inventa ti!



    Ata despois de Semana Santa.
    Moito ánimo. Biquiños das profes.


    DÍA 12. 2/04

    Bos días!

    Coma sempre comezamos o día con moita marcha e alegría coa seguinte canción.
    Actividades relacionadas co conto: Escribe as palabras que máis che gusten a ti e a túa familia, podedes explicar por que vos gustan e compartilas uns cos outros. Podedes xogar a facer frases, cancións, rimas, poemas con elas.
      • EXPERIMENTO: Co seguinte experimento os nenos poden disfrutar xogando cun globo, que sairá disparado coma un foguete. Precísase un globo de goma, unha palliña, fío e cinta adhesiva. Ínflase o globo sin atalo, suxéitase cunha man para que non se escape o aire. Colócase a palliña sobre el e sostense coa cinta adhesiva. A continuación, pásase o fío polo interior da palliña e se atan os dous extremos a dúas cadeiras ou dous obxectos ben suxeitos. Basta con arrastrar o globo, ata un dos extremos do fío e sóltao. O globo recorrerá todo o fío con velocidade, paraecendo un foguete. Pica aquí para velo.
      • IOGA con animais
    Ánimo e moitos biquiños


    1/4 CUMPLE!!!
    Hoxe temos outro Cumple na clase das Tartarugas. Parabéns!!!
    Preme na palabra e sopra a vela.
    Para ti, esta canción.





    DÍA 11. 1/04


    CANCIÓN:

    CONTO:Te quiero (casi siempre) 





    Con este conto podemos falar do respeto a diversidade, de empatizar cossentimentos dos demáis, da importancia de ceder na convivencia.
    Lolo e Rita son os personaxesprincipais, podemos debuxar ambos personaxes, facelos con material de refugallo, cartón e papel de periódico.

    RECEITA.

    Monstruos de sándwich.
    Ingredientes:
    § 8 rebanadas de pan branco
    § 8 aceitunas
    § 4 lonchas de xamón
    § 4 lonchas de queixo
    § Condimentos
    § 8 palitos
    Elaboración:
    1.    Cortamos as rebanadas de pan en forma redonda, podemos axudarnoscun molde ou taza que teña o tamaño desexado.
    2.    Recortamos os bordes en forma irregular a modo de dentes. Untamos o pan cunpouco de manteiga e poñemos en cada sándwich un anaco de xamón e de queixo.
    3.    Para facer os ollos pondremos unha aceituna rechea unida cun palillo..

    BIQUIÑOS E APERTAS VIRTUAIS DAS VOSAS PROFES.



    DÍA 10. 31/03


    Bos días!

    Hoxe queremos comezar coma tódolos días cun pouco de alegría, que tanta falta nos fai estes días. Así que vos deixamos a seguinte canción para que a disfrutedes.

    ·          Como actividades propoñémosvos xogar un pouco coas letras. Clika aquí e veredes que divertido!

    ·         CONTO:  “Coronavirus no es un príncipe ni una princesa”



    Despois se te apetece podes debuxar ao coronavirus e a ti berrándolle: ”Imos poder contigo”

    E lembra: “TODO VAI SAÍR BEN”;

    ·         CANCIÓN: “Canción dos dedos para lavar as mans”. Migallas



    Biquiños das profes! Ata mañá!


    DÍA 9. 30/03. LUNS
    BOS DÍAS.

    DIANA CASERA. Podes empregar papel de xornal, folletos. Fai un avión de papel e colga outro na porta con varios buratos con puntuacións (1-2-3-4 puntos ou 10-20-30 puntos). Trata de metelo por eles e vai sumando os números.




    A DEBUXAR: pon un xoguete nun papel, colocao de tal maneira que poidas ver a súa sombra.



    CONTO: El Pequeño conejo blanco.

    Tamén tedes unha versión cantada en galego moi chula.





    Actividades despois do conto. Recordade os pesonaxes que saían no conto. Facer un debuxo do personaxe que máis che gusta. Escribe o seu nome.  Inventa unha historia cun personaxe, escribe o que pasa con axuda, despois numera as esceas.

    MANUALIDADE: COELLO CON TUBO DE PAPEL. Podes empregar trozos de papel para decorar, ceras, rotus…




    29/3   CUMPLEAÑOS!!
    Hoxe na clase das Tartarugas é o Cumpleaños de alguén moi especial. Moitos biquiños e a soprar a vela. Preme na palabra coloreada.





    RETO DE FIN DE SEMANA:

    Para que estes días se vos fagan máis amenos, propoñémosvos un reto cada semana:

    RETO 1: : XA QUE NA CASA TEMOS QUE ESTAR, PINTA O QUEIXO  COMA NO VÍDEO E A DISFRUTAR.


    Biquiños das profes! E moito ánimo!

    DIA 8. 27/3.
    Bos días:

    XOGO EN EQUIPO.
    Propoñemos a seguinte actividade para poñer en marcha o cerebro e o compañerismo.Ata un cordel a un rotulador e intentar movelo por parellas seguindo un recorrido.




    CIRCUITO CASERO

    Converte o corredor (se o tes) ou outra zona da sala nun circuito de obstáculo. Podes empregar teas, cordeis, gomas, lá… o que teñas a mano na casa.




    CONTO: Paco Papán

    ACTIVIDADES PARA DESPOIS. Recordar os traballos que fixo Paco e que lle pasaba en cada un. Inventar outras actividades que podería facer Paco e que lle pode suceder despois.
    Paco tamén ten unha canción, podedes aprendela e bailala.



    BIQUIÑOS E APERTAS VIRTUAIS DAS VOSAS PROFES




    Día 7. 26/03
    Bos días!


    Para comezar o día animados preséntovos a seguinte  canción:

    Para hoxe propoñemos as seguintes actividades:

    ·         Descubrir o seguinte ENIGMA.





     ·         MÁQUINA DE SUMAR:
    Podemos facer unha máquina de sumar divertida empregando material de refugallo como caixas e tubos de papel hixiénico, que seguro tedes na casa. Tamén precisaremos tapóns ou outro material que caiba nos tubos e que fagan así de sumandos (para cada sumando mellor meter tapóns de distinta cor ou senón materiais distintos) Ao metelos polos tubos veremos cantos tapóns caen obtendo así o resultado.
    Aquí deixamos algúns modelos. Animádevos, é moi divertido aprender a sumar.






    E despois de traballar toca mover o esquelete

    Saudiños virtuais e biquiños das profes.



    Día 6. 25/03

    Bos días pequerrechos!

    Coma sempre comezamos o día con moita marcha, coa seguinte canción tan chula.

    Hoxe imos adicarlle o día a un dos 4 elementos que existen e que estamos a traballar neste trimestre no cole: O AIRE.
    • Para empezar, xogaremos coas letras que compoñen a palabra:
      • copiar a palabra nun papel.
      • contar as sílabas que contén a través de palmadas (como facemos na clase).
      • contar as letras anotando o número.
      • buscar outras palabras que empecen pola mesma letra e anotalas.
    Se vos apetece podedes facer coa axuda das vosas familias un papel. A modo de exemplo deixámosvos o seguinte:
    Esta actividade no vos será difícil, xa que é algo que facemos no cole utilizando palabras relacionadas cos proxectos.
    • A continuación propoñemos unha serie de experimentos para facer, relacionados con este elemento. Somos conscientes de que algúns igual non tedes acceso a algúns materiais, por iso vos deixamos varias propostas para facer o que máis estea ao voso alcance e tamén podedes modificar segundo as vosas necesidades ou material do que dispoñades.
    Podedes debuxar o máis vos gustou.

    Moitos biquiños das profes!





    Día 5. 24/03.

    Bos días!
    ·    Comezamos o día a bo ritmo coa seguinte canción:

    ·    Para hoxe propoñémosvos outro conto moi interesante: VACÍO.

    ·    Escoitar o conto, falar sobre o conto, as cousas que lle pasaban a nena, como se sentía , que facía…
    Preguntarlle como te sentes? Algunha vez senticheste como Julia?
    Imaxina e debuxa, recorta e pega a través do buraco aquelas cousas que saen por el vacío e te fan sentir triste, con medo… podemos facer o mesmo pero esta vez con cousas que te fan feliz en calma…
    ·    Se ademais coñeces o conto O monstro de cores podes pegar a Julia en folios de cores (ou pintalos) para representar as emocións e  representar cousas relacionadas con elas.
    ·    Crear mandalas. Con ceras, acuarelas, cuños…
    ·    Creamos torres de palabras do conto. Nunha cesta encontraremos varias pezas de lego e en cada unha de elasunha palabra, algunhas aparecen no libro (vacío, Julia, luna,pez, tortuga, casa…) e outras non (mesa, colegio, bota)

    PODEDES DESCARGAR OS PDF DOS DEBUXOS OU COPIALOS NESTA PAX 

    Unha aperta moi grande para tod@s das profes!      


       DÍA 4. 23/03

    Bos días peques! Queremos darvos ánimo e desexarvos unha boa semana coa seguinte canción 


    As actividades que vos propoñemos para hoxe son as seguintes:
    ·         Situacións reais de lectura para que entendan o sentido, como elaborar unha receita, invitacións (para dentro de 15 días) lista da compra, mensaxes de teléfono…
    ·         XOGAR O SIMÓN DICE. Consiste en tocar as mesmas cores e na mesma orde que o que esta enfronte túa. 
    ·         Conto:  A CEBRA CAMILA.
    Segue a historia de Camila. Podes debuxala, escribir o que din os personaxes e numerar os debuxos.
    Representa a historia de Camila. Emprega teas vellas, toallas ou sabas  para montar UNHA GRANDE OBRA DE TEATRO. Graba a “obra de teatro” e mándaa os teus amigos.
    Manualidade Cebra Camila. Emprega os tubos de papel hixiénico.




               Exemplo 2

    Moitos biquiños das profes.


      “ACTIVIDADES PARA DÍAS ESPECIAIS”. 19/03-22/03


    Para estes días non desanimar, esta rica receita podes preparar.

    Disfruta deste batido mentres saúdas aos teus veciños/as, brindas coa túa familia…

    Batido de plátano.
    Ingredientes:
    2 plátanos.
    225 ml de leite semidesnatada
    4 culleres de auga.
    2 culleres de azucre moreno
    8 cubiños de xeo

    Podes acompañalo cunhas galletas sinxelas de 3 ingredientes:
    125 gramos de manteiga
    50 gramos de azucre (1/4 taza)
    170 gramos de fariña.

    Preparación.
    Nun bol poñemos a fariña, azucre e manteiga.
    Coas mans ben limpas, mézclase todo moi ben ata obter unha masa homoxénea e consistente. Ao principio non parece que teña que cuaxar debido á grande cantidade de fariña, pero tras traballar a masa durante un rato vai adquirindo forma e consitencia.
    Unha vez que a masa está lista, divídese en partes iguais e se lles da forma desexada procurando que cada galleta teña un grosor aproximado de medio centímetro.
    A continuación colócase cada galleta na bandeixa previamente enfariñada.
    Precalentar o forno previamente.
    Ponse a bandeixa no forno durante 15 min a temperatura de 180º.
    No momento que empezan a quedar tostadas retíranse do forno e déixase enfriar.
    Pódense modificar añadindo unha culleradiña de cacao, froitos secos ou canela na masa.

     E POR ÚLTIMO A GOZAR!!!!         

    Despedímonos ata a vindeira semana, non sen antes adicarvos a seguinte canción.


    Biquiños das profes.



    DÍA 3. 18/03


    Queremos comezar este terceiro día adicando as profes unha canción moi especial para os seus peques. Moitos biquiños.
    ·         Constrúe un “twister”. Recorta as tuas propias pegadas de pes e mans.









    ·         Busca palabras con sons determinados. Ensínamoslles un son, por exemplo o son PAN e lles pedimos que pensen en palabras que teñan ese son. Tamén podemos ofrecerlles un conxunto de palabras, algunhas delas co son en cuestión e deberán identificalas. Outra variante consiste en buscar o son nun texto, como pode ser un conto, un artigo dunha revista…

    ·   ACTIVIDADES DE MOVEMENTO.
    Ioga para nenos: 
    zumba:

    ·   CONTO: ORELLAS DE BOLBORETA.
    Realizar actividades como: preguntas para comprobar a comprensión do conto, aprender vocabulario, diálogos sobre o conto,  que pasou antes e despois…




    MOITAS APERTAS VIRTUAIS DAS VOSAS TITORAS. ^_^

    DÍA 2. 17/03

    Bos días a todas as Xoaniñas e Tartarugas!

    Queremos comezar este segundo día con ledicia e esperanza para que esto sexa o máis ameno posible. Moito ánimo e forza de parte das vosas profes Laura e Fátima. 

    Así que comezamos coa canción de Diego Torres: color esperanza
    A partir desta canción, podemos inventar o noso propio estribillo, practicando así as rimas, coa axuda dalgún maior como por exemplo:
    SABER QUE SE PUEDE,
    QUERER QUE SE PUEDA,
    QUEDAROS EN CASA,
    AY QUÉ BIEN LO PASAS.
    PINTARTE LA CARA,
    JUGAR CON TU HERMANA,
    CON MUCHA PACIENCIA,
    TODO IRÁ MEJOR.

    Retomando o conto da noite anterior, Ranade 3 ojos. elaboraremos unha serie de actividades:
    -  Inventar unha historia co personaxe Rana de 3 ojos
    - Podes debuxalo, “escribir” o que pasa na historia e numerar as páxinas. 
    - Interpretar o conto entre todos facendo as voces de diferentes personaxes.

    Prepara as seguintes coreografías:
                  Eye of the tiger
                     Macarena


    AS ACTIVIDADES QUE DESCRIBAMOS NESTAS SEMANAS SERÁN DE CARÁCTER OPCIONAL. PRETENDEMOS  FACER UN POUCO MÁIS AMENAS AS XORNADAS EN CASA, SINALANDO ACTIVIDADES DE DIFERENTES TEMÁTICAS: LECTOESCRITURA, LÓXICA MATEMÁTICA, PSICOMOTRICIDADE. TODO PARTINDO DENDE O XOGO.

    TÓDOLOS DÍAS
    Ver o calendario, dicir a data, apuntar as cousas que queremos facer ese día.
    Axudar en casa nas labores da casa: poñer os platos, vasos… contar cantos necesitamos na mesa, cantos nos faltan por colocar…
    Dobrar a roupa e colocar nos caixóns…

    DÍA 1. 16/03
    Escribe post-it e esconde mensaxes sorpesa pola casa.
    Bailar e facer coreografías ou seguir algunhas como: (PREME NAS PALABRAS MARCADAS)


    ADIVIÑA DE OBXECTOS.
    Debes colocar unha bolsa ou mochila a maior cantidade de obxectos (que non pinchen). Logo, un xogador vendará os ollos e, no lapso dun minuto, deberá adiviñar que hay na bolsa. Gañará o xogador que mais obxectos adiviñe.
    Escribir cartas ou emails a amigos ou familiares. Contando que cousas estades facendo, a que estades xogando…
    Un conto cada noite: Ex: Ranade 3 ojos.

    OUTRAS ACTIVIDADES:
    Metede nun saco algunhas destas actividades e apuntalas no calendario para ver cada día que imos facer

    MOITAS APERTAS E BIQUIÑOS PARA AS XOANIÑAS E TARTARUGAS.

    FÁTIMA E LAURA
    PERDÓN POLA DEMORA, PROBLEMAS DE LOXISTICA. MOITO ÁNIMO!!!!