Bos días!
A continuación os mostramos un cadro coa planificación semanal de contidos a traballar en todos os niveis de Educación Infantil.
Esta planificación permanecerá visible de forma permanente na columna dereita do blogue, para que podades acceder a ela con comodidade durante todo este trimestre.
Tamén queremos transmitirvos moitos ánimos e tranquilidade, xa que somos conscientes de que non todos partides das mesmas condicións e posibilidades de traballo dende casa. Tamén das limitacións dixitais de moitos de vós. Por iso todas as actividades que se poñan nos diferentes blogues de infantil son propostas de aprendizaxes que cada familia debe adaptar as súas circunstancias. Nós, simplemente, intentamos atender aos diferentes niveis de traballo das familias. Estade tranquilos porque durante o primer trimestre do vindeiro curso volveremos a repasar todos estes contidos.
Non nos queremos esquecer de darvos a noraboa pola gran labor que estades a facer dende casa. Moito ánimo e seguide así!
Equipo de Educación Infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario